O protagonista é Julián, un neno ao que lle encanta as sirenas, e a súa avoa que o acompaña na historia, sempre o apoia para que faga e sexa o que queira.
Despois da lectura entre todos os nenos/as da aula construimos un mural efímero con diversas pezas soltas que temos na aula (paus, regletas, ensartables, botón, limpiapipas, pezas do xogo jenga, axouxeres, pompóns...) sobre o mundo marino, con Julián convertido en serea, como protagonista do mesmo.
O punto de partida foi un anaco de papel continuo en branco, moitos materiais dispostos na aula e una foto dun mural parecido para que eles/as fixesen a súa propia creación.
E así foron saíndo un a un a crear...
O resultado é espectacular!!! Menudos artistas están feitos estes rapaces/as.
Tamén fomos, como cada venres, ao aula de informática.
Nesta ocasión xogamos ao xogo TRES PANDAS.
Deixovos o enlace deste xogo e os dos demais xogos que fixemos durante estas semanas na aula de informática , por si queredes practicar na casa (e porque algúns peques pedíromme que os puxese no blogue 😊).
▪️3 pandas: https://www.isladejuegos.es/animales/3-pandas
▪️Caracol Bob:
https://www.juegos.com/juego/caracol-bob
▪️Tuberías locas:
https://www.juegos.com/juego/tuberias-locas
▪️Matemáticas Abn (xogamos o nivel de infantil e en primaria o nivel 1)
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/primaria-abn/
No hay comentarios:
Publicar un comentario