Traballamos con diferentes unidades de medida. A actividade consistía en medirnos a nos e algún compañeiro/a empregando as nosas mans, pés e o metro, regra ou cinta métrica.
Traballamos en equipo, axudándonos os uns aos outros, pois para poder medirnos a nos mesmos, temos que recurrir á axuda dalgún amigo/a.
Tamén lemos o conto o mundo de Bruna, unha historia sobre o bullying que padece unha nena chamada Bruna no colexio, por parte de Lula, unha antiga amiga súa. Bruna era unha nena brillante, sempre alegre, pero que de súpeto comeza a volverse gris, triste e que non quere voltar ao colexio.
Un conto que nos mostra perfectamente como se senten os nenos que padecen bullying e como podemos axudalos.
Reflexionamos sobre o conto e que poderiamos facer nos, se algunha vez, algún neno/a nos fixese sentir así, a quen acudiríamos a pedir axuda... O máis curioso foi que a maioría dos nenos/as da aula pensaban que unha solución podía ser que Bruna cambiase de colexio e ningún pensou que a que debía cambiar de cole era Lula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario