Fixemos unha cadeneta con todas elas, pero decatámonos que era moi longa para colócala na árbore.
Así que entre todos fomos pensando posibles solucións. Chegamos á conclusión de que debiamos cortala pola metade e facer dúas cadenetas. Pero agora surxiunos outra dúbida: como calculamos a metade?
Aproveitamos esta ocasión para aprender que é unha metade, é dicir, dividir algo en dúas partes iguais.
Así que puxémonos a contar as nosas flores e conseguimos que fosen dúas cadenetas iguaís.
Así que resolto o problema, decoramos o maio coas cadeneta das emocións e das flores primaverais que fixemos onte.
Despedimos a xornada co conto "Un mar de Emocións", que narra a historia dun peixe que está moi triste e decide dar un paseo polo mar buscando novos amig@s, pero só atopa animais igual de tristes ca el, ata que finalmente, grazas a unha tattaruga, percátase de que está nadando do revés e comeza a ver que todos estaban felices e con esta divertida anécdota, consegue animarse e rirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario