Para elo creamos un mini kiosko na aula, con diversos productos que podemos mercar nel.
A cada alumno dabamoslle 5 euros, repartidos en:
➡️ 5 moedas de 1€
➡️ en dúas moedas de 2€ e unha de 1€
➡️ ou 3 moedas de 1€ e unha moeda de 2€.
O alumnado ía ao kiosko e mercaba cantos productos quixese pero debía fixarse no prezo de cada un dos productos e na cantidade de moedas que tiña.
Traballamos así operacións de suma e resta.
Logo fixemos unhas fichas relacionadas con esta actividade do noso cuaderno de mates manipulativas Canicas.
Na ficha primeira ficha unha avoa e o seu neto ían ao Kiosko con 3 moedas dun euro cada un, logo, tiñan que fixarse que mercaban e o prezo dese producto e debuxar no seu bolso ou mochila o diñeiro que lles quedaba.
Na segunda ficha tiñamos que organizarlle unha festa de aniversario a Miguel (que é o seguinte neno en cumprir 6 anos na aula) e calcular canto diñeiro nos gastabamos para mercarlle determinados obxectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario