1. Decorar un ovo de pascua: coller un ovo, lavalo e secalo. Despois coa axuda de mamá ou papá, baleirar o ovo facendo un pequeno buraco ou tamén podedes cocer o ovo durante 8 ou 10 minutos para que quede duro. Deixar enfriar e secalo ben con papel de cociña. A continuación, pintamos o noso ovo con pincel, co dedo... preferiblemente con témpera pero se non temos podemos pintalo con rotulador ou como desexedes.
Cando seque a pintura, podedes decoralo con anaquiños de lá, lentejuelas, gomets, cintas, fieltro, purpurina...e deste xeito crear debuxos como flores, lunares ou raias.
Aquí vos deixo algunhas ideas.
2. Memory caseiro: a segunda actividade é facer un xogo de memoria. Este é un xogo de atención e concentración. Precisamos descargar a plantilla de animais que vos deixo máis abaixo e pintar da mesma cor as imaxes que sexan iguais ou tamén podedes facer vós uns debuxos. Logo pegamos o folio nunha cartulina ou cartón que sexa doado de recortar polos nen@s como o das caixas de cereais e a continuación iremos recortando cada tarxeta. É importante que as tarxetas non sexan demasiado pequenas. Xa podes xogar! coloca as tarxetas boca abaixo e vai levantandoas de dúas en dúas ata que consigas as parellas. Se non acertas volve a colocalas boca abaixo e intentao de novo.
https://www.cokitos.com/memoramas-de-animales-para-colorear/
3. Conto " A vaca que puxo un ovo".
Escoitar o conto e logo debuxar os animais que aparecen.
Crear animais do conto. Pintar a man coa axuda dun pincel ou esponxa e logo estampar sobre un papel ou ben facer unha vaca, galiña, pitiño... con material de refugallo. Aquí deixo algunhas ideas.
Por último, podedes facer este experimento sobre a xerminación dunha lentella e observar os cambios que se producen ao longo de 10 días. É moi sinxelo!
Precisamos un tarro de cristal ou recipiente pequeno, algodón humedecido e 4 ou 5 lentellas.
Debuxa ou escribe o que vai pasando: sae a raiz, tallo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario