Este xogo vainos axudar a mellorar a disciplina interna, o autocontrol, a agudeza auditiva, a paciencia, a tolerancia e a relaxación.
O xogo consiste en sentarse quietos como unha rocha e manterse en silencio.
Imos marcar o principio e o fin do xogo, para iso temos varias opcións. O máis habitual e indicar o tempo tocando unha campá ou outro tipo de instrumento. Tamén podemos empregar un reloxo de area. Eu son máis partidaria de empregar unha candea (vela) comezando o xogo ao encendela e rematando apagando a chama. (Lembrade non deixar nunca o lume sen vixilancia)
O tempo co que imos comezar son 30 segundos e podemos aumentalo progresivamente.
Ao rematar, e sempre que lle apeteza á crianza, podemos falar do que escoitamos, do que sentimos...
A seguinte actividade que vos propoño é outro vídeo de Pim Pau para continuar traballando a concentración.
E para rematar un mandala . Por que pintar mándalas? Os mandalas axudan a meditar de forma activa, son unha actividade relaxante que nos libera do estrés axudándonos a recuperar a calma interna e a tranquilidade, desenvolven a paciencia, espertan aos sentidos e á intuición, axudan á coordinación e á expresión e potencian a concentración e o autocontrol.
Déixovos algunhas propostas e podedes a topar moitas máis nas redes pero se estes son os beneficios de pintar mándalas debedes saber que debuxar mandalas ainda é máis beneficioso.
Boa semana a todos.
Biquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario