1. Crear un xoguete ou xogo con material de refugallo ( cartón, tapas...). Aquí vos deixo algunhas ideas.
2. Aprender unha adiviña ou refrán. Pregúntalle a papá, mamá, avó , avoa... algún refrán ou adiviña sinxelo e intenta aprendelo. Este é o refrán que eu escollín:
"QUEN TEN UN AMIGO, TEN UN TESOURO".
Agora resolve esta adiviña:
"SON ASTUTO E XOGUETÓN
E CAZAR UN RATO É
A MIÑA AFICIÓN"
Neste vídeo descubrirás a resposta:
3. Conto "Elmer". Como Elmer, todos e todas temos algo especial que nos fai únicos. Despois de ver o conto podemos aproveitar para falar cos nen@s de valores importantes como aceptar as diferencias, o respeto, a amizade...
A continuación podes realizar calquera destas actividades :
Facer un debuxo do protagonista e pintalo de moitas cores.
Imprimir o debuxo e decoralo recortando e pegando anaquiños de papel de cores ou colorear on line. https://coloriage.info/elephant-elmer-coloriage-10160
Facer a Elmer de moitas cores con materiais de diversas texturas: tela, botóns, plastilina..
O xoves 23 de abril é o día do libro, así que podes contarlle o teu conto favorito a alguén da familia, facer un marcapáxinas para os teus contos...
4. Xogo dos sentidos. Meter nunha bolsa obxectos de diferentes texturas rugoso, suave... e adiviñar cos ollos tapados que é polo tacto.
Agora mira este vídeo. Escoita os sons de animais, da casa e da cidade e intenta adiviñalos.
Saborear varios alimentos doces, salgados, ácidos... e adiviñar cos ollos tapados de cal se trata.
5. Repasamos os números con este vídeo e logo podedes practicar a grafía nun papel.
Xogo de estimulación da linguaxe. Precisades ter instalado o power point e pinchar en descargar para que sexa interactivo.
XOGO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
No hay comentarios:
Publicar un comentario