Comezamos un novo trimestre cheo de esperanza desexando vernos pronto.
Nesta semana propoñovos diferentes manualidades para traballar a concentración e a respiración e non esquezades que podedes continuar pondo en práctica todo o que xa aprendemos.
Aprendamos a coser.- Imos facer figuras en cartón, poden ser animais , obxectos, vehículos... e faremoslles buratos por todo o contorno. Buscamos un anaquiño de la e xa podemos comezar a coser.
Somos dragons.- Nesta ocasión imos empregar un tubo de papel hixienico que será o noso dragón. Pintaremolo coa cor que mais nos guste e nun extremo pegaremos un par de boliñas (poden ser pompons , boliñas de papel, bolas de porexpan...) que faran de ollos e no outro extremo pegaremos outras duas boliñas algo mais pequenas que serán o nariz. No lado do nariz e pola parte interior imos pegar en todo o contorno tiras de papel seda que serán o lume que bota o dragón, se non temos papel seda podemos sustituir por tiras de plástico feitas a partires dunha bolsa, o importante e que sexa un material lixeiro. Cando estea todo ben sequiño podemos comezar a xogar. Colocamos o dragón na boca, respiramos polo nariz e sopramos pola boca desde xeito parecerá que o noso dragón bota lume. Podemos probar con distintos tipos de respiración: profunda e continua (a chamarada mais longa pois botamos aire continuamente ata baleirar os pulmons) ou profunda e discontinua (as chamas movense a gran velocidade coma se cuspisemos lume cara varios puntos porque respiramos e logo sopramos repetidamente realizando pequenas pausas entre cada sopro).
A moverse.- Imos crear un tapiz de xogo con folios de cores (se non tedes podedes pintalos). Crearemos un tapiz de 3x3 folios para os mais pequenos e para os maiores podemos comezar cun de 4x4. En calquer momento podemos ampliar o tapiz, soamente engadiremos mais folios. Colocaremolos uns a caron dos outros e pegaremolos con celo pola beira. Por outra banda nunha folla debuxaremos patrons de cores (usade as mesmas cores dos folios). Igual que antes podemos graduar a dificultade: comezamos con 3 cores e imos ampliando, ao comezo as cores son contiguas e despois podemos buscar que teñan que dar pequenos saltos OLLO: o papel movese no chan e podemos caer, mellor colocalo sobre unha alfombra. Pero para entendelo todo mellor nada coma un vídeo.
Que teñades unha boa semana. Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario