O primero quero darvos as grazas por eses dragons tan fermosos que recibimos no correo.
Esta semana quero compartir convosco un libro moi interesante: "Respira" de Inés Castel-Branco. Ao longo das súas páxinas amósanos diferentes propostas de exercicios de respiración que veñen explicados ao final do libro. Tamén inclúe unha páxina de mantras moi sinxelos.
Os mantras son frases, palabras ou sílabas que se recitan como apoio á meditación. Neste caso empregan as vogais. Recoméndovos que mentres o fagades coloquedes as mans nas seguintes posicións:
A.- Mans no peito
E.- Mans no pescozo
I.- Mans na cabeza
O.- Mans no corazón
U.- Mans na barriga
Outra das propostas que nos realiza é a elaboración dun frasco da calma. Os frascos da calma son un recurso estupendo tanto para a meditación como para acougar nun momento de nerviosismo. Hai uns días a profe Raquel explicounos como facer un, déixovos aquí o enlace.
Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o libro. Tanto podedes facer un visionado completo como detervos nalgunha das súas páxinas e levar á cabo algunha das súas propostas.
Penso que este libro é un gran recurso ao que acudir en diferentes momentos e podería ser un agasallo ideal para o día do libro.
Que pasedes unha boa semana.
Biquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario