Esta semana o encargado da aula era Artai e fixo el o conteo. Se picades nas imaxes, podedes velas ampliadas!
Tamén rematamos unha manualidade de Nadal, que comezamos o pasado venres. Nesta ocasión tiñamos que decorar unhas arbores con pasta de cores, que pintamos o venres pasado e hoxe estaba perfectamente seca.
Sobre unha base dunha árbore de Nadal de madeira, que conseguimos na búsqueda do tesouro da semana pasada, tiñamos que pegar a pasta pintada facendo series en líneas verticais.
Finalmente enriba da árbore fixemos unha estrela co troquelador e pegámola, coronando a árbore. Este foi o resultado!!
Xa con todos os adornos feitos, decidimos cumprir o encargo da ANPA e por fin, fomos decorar a arbóre de Nadal do cole.
Para rematar, amósovos como xogaron hoxe no patio, aproveitando o día tan soleado. De forma espontánea comezaron a facer un xogo de corro e pilla que lle ensinara a Lara unha familiar súa, e de supeto todos decidiron que querían xogar en equipo todos xuntos, porque é un grupo que se quere e respecta moitísimo.