Este ano no cole decidimos facer unha actividade a nivel de centro onde cada aula berraba NON a algunha consigna contra a violencia e en contraposición dicia SI a valores POSITIVOS.
Na aula de 5 anos estivemos falando sobre as cousas negativas que non nos gustaban e decidimos que non nos gustaba nada o abuso. Así q fixémonos unha foto berrando NON O ABUSO, amosando algunhas das conductas negativas que non queremos facer: mirar para outro lado, non querer escoitar, abusar dunha posición de superioridade e por suposto, berrando.
Pasámolo moi ben!!
Despois estivemos reflexionando sobre o que si nos gustaría que pasase no mundo e fixemos unha choiva de ideas, onde cada neno/a ía dicindo o que lle gustaría dicir.
Estas son algunhas das cousas que dixo o noso alumnado.
- Si a disculparse
- Sí a dicir quérote
- Si a darse abrazos
- Si a dicir cousas bonitas
- Si a perdoarse
- Si a darse regalos
- Si a dicir: ti podes, te amo, se queres ti podes, querer ser o meu amigo?
Podedes ver o vídeo completo desta actividade, coas montaxe dos distintos cursos, no noso blogue baixo o título "Día da violencia de xénero" ou na páxina web do centro.
Ademais tamén fixemos unha actividade de grafismo creativo coas nosas fotos berrando Non a violencia.
Primeiro debían facer nun folio en branco moitos trazos rectilíneos a modo de descargas eléctricas ou raios e cubrir o folio dende o centro as esquinas. Como vedes os rapaces/as estaban moi concentrados na tarefa, pois os grafismos creativos encántanlles e son fundamentales para traballar e mellorar as súas grafías
Despois pegamos as nosas fotos en branco e negro e coloreámolas e finalmente pegamos o cartel de Non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario