Cando chegamos á aula atopámonos cunha nova proposta do esquío Darío.
Nesta ocasión tiñamos que facer un xogo de discriminacion visual.
Nun recipiente cheo de area debiamos desenterrar números e letras, como se fosemos paleontólogos.
Cada vez que atopabamos unha debiamos clasificala en letra ou número.
Unha vez desenterradas todas as letras e os números, tiñamos que facer unha folla de REXISTRO, colocando as letras e os núneros na súa columna correspondente, facer a súa grafía correcta, fixándonos na súa orientación.
Como vedes trátase dunha actividade moi completa, onde ademáis tamén traballamos a recta numérica, a formación de palabras, a clasificación, a orientación espacial das letras e números, as grafías, a discriminación fonética...
Pero aínda quedaba una sorpresiña máis: Xiana estaba de aniversario e cumpría 5 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario