Ao chegar pola mañá atopamos tres caixas cheas de follas, un hexágono de corcho e unhas pinzas en cada mesa.
Moi sorprendidos, descubrimos que era unha nova actividade que nos propuña o esquío Darío.
Tiñamos que pescar as letras escondidas nas bandeixas e logo formar palabras relacionadas co outono.
Decidimos entre todos que íamos formar 3 palabras: otoño, bellotas y hojas.
Primeiro tivemos que descubrir de qué material estaban feitas as letras. Algúns pensaban que era cartón ou madeira, así que comparamos con diversos materiais da aula como era o cartón e a madeira e descubrimos que non era ningún deses, senón corcho. Fixámonos na textura rugosidade, tacto, suavidade e porosidade...
Despois por equipos estables de convivencia fixemos a actividade en grupo, colaborando e axudándonos entre todos. E conseguimos formar as palabras!! 👏🏻👏🏻👏🏻
No hay comentarios:
Publicar un comentario