Nesta ocasión y dado que nos atopamos en outono, comezamos co grafismo dunha landra, inspirándonos nunha idea de @miminipandi.
En primer lugar observamos o debuxo e vimos que o debuxo da landra estaba dividido en diferentes seccións.
Logo, entre todos, fomos pensando diferentes tipos de trazos: líneas rectas, espirales, puntiños, cadrados, corazón... e practicámolos no encerado.
Agora só tiñamos que decidir que grafismo íamos facer cada un en cada sección.
Unha vez rematada a decoración da landra, a recortamos.
Noutro folio en branco pegamos un gómets no centro. Aproveitamos para traballar conceptos como centro e esquina.
Despois tiñamos que dibuxar diferentes líneas de cores dende o centro do folio cara todos os bordes do folio.
Seguidamente, pegamos a landra e decoramos con gómets e puntiños feitos con rotulador.
Foi un traballo moi meticuloso pero quedou fenomenal!!
Con esta actividade traballamos os trazos e a grafomotricidade dunha maneira moito más orixinal e lúdica, ademáis de traballar outros conceptos como a precisión, orientación, o pulso, a destreza motriz, a imitación o coidado e limpeza no traballos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario