Con esta actividade traballamos a percepción e discriminación visual, a orientación espacial e as simetrías.
Primeiro reproducimos os patróns das láminas pero posteriormente deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos as nosas propias creacións: casas, números, formas xeométricas, letras...
Ademais tamén traballamos un xogo de búsqueda.
Tiñamos que debuxar 3 obxectos: dúas tartas e unha tableta de chocolate. Metemolos en tres caixiñas, mesturamos moi ben as caixas e, por parellas, debiamos localizar un dos obxectos (o chocolate), traballando así atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario