A segunda proposta é escoitar a canción e cantala de Corre Corre Cabaciña.
A terceira proposta é continuar traballando as series Lóxico-matemáticas neste caso ímolo facer con xoguetes que teñamos na casa: coches, barcos, avións... Primeiro facemos series de un elemento un coche, un avión despois intercalando dous coches unha grúa, etc. Aquí tedes un exemplo.
A cuarta proposta é escoitar a canción dos números que escoitábamos na clase. Deíxovos o vídeo para que a escoitedes .
A quinta proposta é animaros a facer o experimento do Medio Ambiente da choiva precisamos espuma de afeitar, colorante alimentario, e auga. Poñemos a metade do vaso de auga, botamos espuma de afeitar e a continuación gotas de colorante que son as gotiñas da choiva.
Ademais tedes outras propostas moi divertidas do Medio Ambiente. Ánimo.
Finalmente felicitar a Thiago que está de cumpreanos Parabens Thiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario