A semana pasada non vos engadín ningunha tarefa nova. Esta semana tampouco o farei. Son dúas semanas especias: unha por internacional (Europa) e a outra máis nosa (letras galegas).
Eso non quere dicir que nos esquezamos das boas prácticas. Estou segura que seguides realizando esas masaxes, esas respiracións , exercitando esa concentración...
Aproveitade agora eses paseos para dar vida a esa calma interior que estivemos traballando. Escoitar os sons que nos rodean (semella que hai moitos máis paxaros que antes), observar con calma como creceron as follas das árbores, as cores das flores que aparecen en cada recanto...
Que teñades unha boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario