Espero que tod@s vos atopedes moi ben e que sigades tendo moita enerxía e optimismo.
Para facer un pouco máis divertidos estes días de confinamiento e seguir mantendo as rutinas e hábitos de traballo, esta semana imos traballar a creatividade e imaxinación, os conceptos de reparto de cantidades de maneira igualitaria e equilibrada, a motricidade fina e as habilidades de escoita e atención a través dun conto.
Comezamos felicitando a Miguel, que o día 18 de maio cumpre 5 anos. PARABÉNS MIGUEL!!!
AQUÍ PODES VER A MIÑA FELICITACIÓN 🎂🎁🎉🥳.
IMPORTANTE: Non esquezades mandarlle unha mensaxe a Miguel no seu aniversario!!
1. Actividades para traballar as letras a través dos nomes e imaxes dos compañeiros/as da aula. Aquí vos propoño 3 tipos de actividades, elaboradas por min na plataforma educaplay, que me deron a coñecer a mestra Raquel de 4° de infantil e a mestra María de pedagoxía terapéutica.
▪️ Elixe a resposta correcta

▪️Memory: Emparella o nome do meu compañeiro/a coa súa foto.
▪️ Elixe a resposta correcta
2. Conto "el pollito de la avellaneda". Este conto está narrado por Bea Campos, que xa veu o curso pasado ao noso centro para facer unha sesión de contacontos. É moi parecido ao conto O galo traganoces, que trouxo prestado Julia a nosa aula despois de Nadal.
Despois de escoitar o conto, podedes facer unha manualidade moi divertida: crearemos o noso propio polliño. Espero que vos guste!!!
Imos crear un polliño cun pompón. Necesitamos la para crear o corpo e as patas, facer dous círculos medianos de cartón e cartolina para facer o pico e os ollos.
No seguinte video podedes ver como facer o polliño cun pompón.

Neste video como se fai con dous pompóns.
3. Reparto igual de cantidades. Para facer esta actividade o alumnado deberá coller un conxunto de obxectos e repartilos equilibradamente.
Para comenzar colleran obxectos iguais, por exemplo 10 pezas de lego e as repartirán en dous montonciños, logo repartirán as 10 pezas en 4 montóns e finalmente en 6 montóns.
Despois podemos complicar a actividade collendo 11 colores e deberán repartirlos en 2 montóns, deben entender que para facer un reparto igualitario a única consigna é que os montóns teñen que ter o mesmo número de elementos, pero non é necesario empregar todos os elementos.
Finalmente podemos complicar aínda máis a actividade collendo obxectos diferentes. Por exemplo repartir 6 pezas de fruta (3 mazás, 2 peras e 1 plátano) en 2 pratos.
Aquí vos deixo fotos desta actividade, que fixemos na aula.
▪️Reparto desigual magdalenas:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-magdalenas-entre-3-bandejas-3-9/
▪️Reparto abellas nos pana is, de formas diversas:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-abejas-en-2-partes-de-3-maneras-diferentes-1-6/
▪️Reequilibrio de repartos de policubos:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/igualar-visualmente-torres-de-encajables-1-10/

Nos seguintes enlaces podedes xogar online a xogos de reparto igualitario.
▪️Reparto desigual magdalenas:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-magdalenas-entre-3-bandejas-3-9/
▪️Reparto abellas nos pana is, de formas diversas:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-abejas-en-2-partes-de-3-maneras-diferentes-1-6/
▪️Reequilibrio de repartos de policubos:
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/igualar-visualmente-torres-de-encajables-1-10/
4. Mensaxe segreda. Esta actividade fixémola na aula ao longo deste curso, escribindo o nosos propios nomes.
Nesta ocasión imos cambiala un pouquiño. Podemos crear unha mensaxe segreda para as nosas familias ou os compañeiros/as da aula, escribiendo unha pequena mensaxe ou ben con debuxos.

Aquí vos deixo a miña mensaxe segreda!!
Por último, non vos esquezades que esta semana tamén están de aniversario David e María o Día 22 de maio. Moitísimas felicidades aos dous!!! 🥳🥳🎁🎁🎂🎂
No hay comentarios:
Publicar un comentario