Esta semana comezamos traballando a respiración. Aínda que o vídeo está en inglés podedes seguilo con facilidade. Basicamente cando se achega a imaxe inspiramos (respiramos polo nariz.) e cando se afasta expiramos (expulsamos o aire pola boca). Hai algunhas inspiracións que son algo longas, nestes casos mantemos o aire agardando o momento para expulsalo .
Para rematar un xogo para exercitar a memoria e a concentración. Necesitades follas de cores sendo sempre dúas da mesma cor. Sentamos un fronte ao outro e colocamos diante de cada un as follas de cores exactamente na mesma orde. Comenzaremos soamente con dúas cores e podemos ir complicando a actividade en función da resposta da nosa crianza. Déixovos un vídeo para que vexades como se desenvolve a actividade ( o adulto propón unha serie de cor e a crianza reproduce o modelo, cando comprenda a dinámica podemos cambiar roles)
Boa semana a todos.
Biquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario