A primeira proposta é o conto da Oruga Larpeira. Despois temos que tentar recordar qué alimentos saíron no conto. Cáles son os teus alimentos favoritos. Podes elaborar unha receita coa túa familia.
A segunda proposta é facer unha actividade de psicomotricidade fina collemos un prato de cartón e facemos unhos buracos coa axuda da nosa familia. Despois pintamos co cartón sobrante unha eiruga e a unimos a un trozo de lá o outro extremo o unimos o prato e agora temos que ir sacando e metendo a lá polos distintos buracos.
A terceira proposta é facer unha eiruga estampada con globos é moi sinxelo temos q mollar o globo en pintura de dedos e estampar nun folio branco. Despois podemos debuxar a cara e as patas.
A cuarta proposta como estamos no mes de Maio é facer un Maio: temos dúas opcións facer un maio con cartolina ou goma eva precisamos un soporte dun cono e logo colocar as flores ou se tedes posibilidade de ir a pasear coas vosas familias e buscar flores de distintas cores e formas e facer o voso Maio, tamén coa base dun cono de herbas e colocar flores por enriba.
A quinta proposta é un novo experimento imos facer un cadro con papel de seda. Mollamos os distintos trozos de papel de seda en auga abundante e os poñemos enriba dunha cartolina branca e así con distintos trozos de cores. Despois retiramos os trozos e vemos o resultado fixemos maxia co papel mollado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario