A primeira proposta é ver o conto ¿De qué color es un beso? . Este conto traballa as emocións algo que traballábamos na aula coa nosa mascota e nas rutinas.
A segunda proposta é adiviñar catro obxectos diferentes cos ollos vendados identificándoos polos sentidos: un polo tacto, un polo olfato, un polo oído, e un polo gusto. A ver quen os adiviña todos.
A terceira proposta é continuar traballando os sentidos desta vez imos pintar con chocolate de comer. Fundimos o chocolate negro e o botamos nun bol despois pintamos coas mans ou con pincel como prefirades. A ver que obras de arte facedes.
A cuarta proposta é xogar a imitar os diferentes movementos dos animais: elefantes... Podedes atopalo no seguinte vídeo.
A quinta proposta é imprimir os corazóns e decoralos ao noso gusto despois os podemoa unir cunha lá ou cordel e crear un móvil para poñer na nosa habitación ou sala de estar.
Finalmente felicitar a Saleta que está de cumpreanos o 23 de Maio: Parabens Saleta un abrazo enorme!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario