Hoxe descubrimos a Greta Thunberg na nosa aula e todo o que está facendo para concienciarnos sobre o coidado do medio ambiente.
Para entender mellor os efectos do calentamento global, o desxeo, a chuvia ácida e as súas consecuencias no noso planeta levamos a cabo 3 experimentos:
✔️Experimento 1: desxeo polo calentamiento global.
Colocamos nunha bandexa bloques de xeo e dous animais polares (unha morsa e un oso polar). Despois levamos a bandexa enriba do radiador e observamos o que pasaba. Tivemos que levantarnos en varias ocasións para poder ver o que sucedía, porque ao igual que ocorre na vida real, o desxeo é un proceso lento.
Conclusión: o xeo derrítese pola calor e os animais afóganse y quédanse sen fogar.
✔️Experimento 2: consecuencias do desxeo.
Colocamos un vaso con auga en cada equipo de traballo. Nel sinalamos cun rotulador a marca onde estaba o auga e engadimos uns cantos cubitos de xeo. Deixamos que se derritan durante o tempo de lecer e ao voltar á aula observamos que o nivel do auga aumentara. O mesmo que sucederá cos mares e os océanos se se producise o desxeo.
Reflexionamos aínda máis... se votaramos máis xeo, o auga do vaso desbordariase e sairía por fóra. É dicir, que invadiría e inundaría a superficie terrestre dos diferentes países.
✔️Experimento 3: Chuvia ácida e as súas consecuencias na vida.
Votamos nun vaso auga da billa do lavabo da aula, que representa a choiva normal. Despois votamos noutro vaso, vinagre (que representa a choiva ácida, é dicir, o auga da choiva mesturada coa contaminación do aire).
Despois engadimos un xiz en cada vaso e observamos. No vaso con choiva normal no pasa nada e no vaso de choiva ácida o xiz desfaise.
Conclusión: a choiva ácida destrúe todo o que toca: rochas, prantas, vexetación, edificios...
Reflexionamos sobre que podemos facer para que estas cousas non sucedan nun futuro e nos damos conta que con pequenas accións de cada un de nós, unidas, podemos facer grandes cousas.
Aos peques lles encantou a clase de hoxe e estaban desexando ir as casas para transmitirvos toda esta información.
Podedes ver o vídeo da actividade completa e as conclusións que sacaron explicadas por eles mesmos.