Hoxe rematamos o traballo da Paz, poñéndolle un marco branco, que decoramos con diversos grafismos cuns rotuladores novos que escriben a dobre línea. Estes rotuladores causaron sensación na nosa aula e xa estamos desexando volver empregalos!!!
Tamén lle puxemos unhas etiquetas decorativas e escribimos nelas a palabra paz con rotuladores brancos (tamén novos).
Despois na hora de patio unha nena pediume xogar co ela ao xogo do escondite inglés e de súpeto e de forma espontánea estábamos toda a clase XOGANDO a ese xogo. Encántame ver como xogan todos xuntos, sen conflictos e preocupándose os uns polos outros.
Finalmente tamén tivemos tempo para poñer en común cantos nen@s preguntaron na casa se os seus familiares escribían en minúsculas ou maiúscula. Os que se lembraron contáronnolo e despois volvemos practicar a reproducir as letras en minúsculas do mes de febreiro.
E xa non tivemos tempo para máis, pero podedes ver o video con todo o que aprendemos hoxe!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario