Ademáis hoxe rematamos de traballar o "Día do amor e da amizade" con dúas propostas novas:
☑️ Facemos un bote de calma e amor. Os botes de calma son unha ferramenta que sirve aos cativos/as para relaxarse e manexar as emocións.
Cada grupo creou o seu propio bote de calma, elixindo os cores que querían e os elementos que lle ían botar: purpurina, pompóns e estrelas de diversos cores.
Hoxe non tivemos moito tempo de xogar con eles, pero a partires de agora, poderán empregalos sempre que o desexen.
☑️ Facemos grafismo creativo dun corazón.
Nesta actividade a novidade foi introducir grafismos máis complicados e pintar o fondo do corazón cunha técnica nova: estampación con pompóns.
Empregamos para elo unha pinza da roupa, un pompón e dúas cores. Pero sobre todo empregamos a diversión e a destreza motriz.
Queredes velo todo con máis detalle?
Pícade no seguinte vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario