Así desciframos a mensaxe de que o luns tiñamos que vir ataviados dalgún deporte. Estivemos falando de que deportes coñeciamos: ballet, taikondo, fútbol, baloncesto, natación, atletismo... E decidimos que podíamos facer os nosos traxes con calqueira elemento que teñamos na casa para vir. Por exemplo, cun pantalón branco, camiseta ou xersei branco e una cinta de cor podíamos facer un traxe de taikondo.
Despois na aula rematamos o traballo de Rosalía de Castro e descubrimos que morrera hai máis de 135 anos.
Onte decoramos o fondo e hoxe tocounos pintar a Rosalía e decorar a súa máscara anticovid.
Quedounos un traballo precioso!!!
Tamén tivemos tempo de facer unha ficha sobre o número oito. Pero para poder lévala a cabo primeiro practicamos na asamblea.
Tiñamos que colocar 8 canicas nunha bandeixa e buscar o número oito. Posteriormente fomos practicando con distintas cantidades. Un alumno/a ía saíndo ao centro da asamblea e decidía que cantidade de canicas puña na bandeixa e outro alumno/a as contaba e buscaba o número correspondente.
Aquí podedes ver un pedaciño da actividade!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario