Cada semana, o luns, o encargado/a debe pasar a lista, contar cántas nenas e nenos hai na aula e facer a suma, ver o tempo qué fai hoxe, sinala o día da semana e do mes no que estamos, buscar as letras do seu nome para colocar no panel de encargado e sacar unha mensaxe do bote dos piripos.
Ademais hoxe como comezamos un novo mes, debemos escribir os días que ten este mes e o nome do mes no que nos atopamos no calendario mensual (que estaba baleiro).
Aproveitando que estamos no mes de febreiro e que as letras maiúsculas xa as coñecen, comezamos a traballar as minúsculas do mes no que nos atopamos.
Hoxe vimos as letras que ten FEBREIRO, e practicamos a escribilo en cursiva e imprenta.
Introduzco simultáneamente os dous tipos de letras para que as coñezan porque a maioria de contos veñen en imprenta e é o tipo de letras máis habitual que se atopan en carteis. Pero tamén é importante que coñezan a cursiva porque favorece a motricidade fina porque os trazos son máis complexos.
Ademais expliqueilles que a maior parte dos adultos escribimos con letras en imprenta.
Por iso, como deberes díxenlles que lle pedisen a un adulto da casa (nai, pai, avó, coidador...) que lle escribise unha mensaxe e observasen se estaba escrita en maiúsculas ou minúscula ( e en imprenta ou cursiva). A ver se algún se acorda mañá de contalo 😉.
Tamén fixemos unha proposta creativa: o debuxo a catro mans.
Tiñan que debuxar unha serie de figuras xeométricas nunha ficha e logo elixir un compañeiro/a da mesa para que convertirse a forma xeométrica nun debuxo.
Fixeron cos triángulos sombreiros de cumpreanos, cos óvalos bonecos de neve, pizzas, vermes, cariñas sonrientes ou tartas, cos rectángulos agasallos, mobles e caixas e cos rombos papaventos (cometas), entre outras cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario