Ademáis fixemos equipos de traballo, organizando a nosa aula nos tres equipos colaborativos que temos: osos, raposos e curuxas.
A encargada desta semana (Julia) asignoulle a cada equipo unha tarefa diferente.
Os raposos fixeron as letras para o mural de Rosalía de Castro: "Achegándonos a Rosalía de Castro: unha Gran muller".
Os osos remataron de escribir as receitas da semana da froita, coas que faremos un recetario coa nosa receita e as das demais aulas de infantil.
E as curuxas fixeron a portada do noso recetario saudable, empregando diferentes materiais para elo.
É agora toca descansar durante 5 días... Vémonos pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario