Como os contos teñen que estar en cuarentena 14 día na nosa aula, decidimos escribir na nosa axenda o día no que debemos devolvelos, para que non se nos esqueza (sempre é en xoves alternos).
Tamén fomos visitar o Meco, que xa chegou a escola. Cada día iremos visitalo para coñecer as ordes.
Por último comezamos a traballar a Rosalía de Castro, que foi unha gran muller galega. Imos facer un mural co seu retrato para conmemorar o día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro. Hoxe comezamos a facer o fondo do mesmo, con líneas quebradas de diversos cores.
Nos vindeiro días amosarei como vai quedando o noso mural de Rosalía de Castro.
Déixovos un vídeo co resumo de todas estas actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario