Todos viñemos moi orixinais cos nosos traxes e deportes favoritos de ballet, taikundo, fútbol, natación, corredores e animadores.
Tamén fomos ler a orde de mañá, na que o Meco nos di que con froitas e verduras nos temos que decorar.
Tamén traballamos o concepto de lixeiro ou pesado. Primeiro cada alumno fixo unha hipotese sobre se algúns obxectos eran pesados ou lixeiros (plumas, pedras, follas, contos, pesas baleiras e cheas de terra, caixas...) e logo comprobamos a nosa hipotese, collendo os obxectos e comparándoos con outros.
Finalmente plasmamos todo o traballo feito nunha ficha, clasificando os obxectos en lixeiros ou pesados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario