Moi emocionados eliximos o que máis nos gustaba a cada un, metémolas nos sobres que decoramos en sesións anteriores e fomos con ese agasallo para casa.
Tamén fomos a aula de informática, como todos os venres. Nesta ocasión xogamos un xogo de habilidade chamado tuberías locas.
Celebramos o cumpre de Nahuel, que hoxe cumpría 6 anos e ensínounos dous dos seus xoguetes favoritos que lle regalaron con 2 e 3 anos o seu avó e a súa irmá.
E rematamos a xornada coa lectura do conto "Lávate las manos, María".
Aquí vos deixo resume de todo o que fixemos hoxe neste vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario