Primeiro comentamos en que consiste o traballo dos detectives e dos investigadores.
Trátase dun traballo no que teñen que investigar, seguindo e analizando pistas.
Así que decidimos tomar as nosas pegadas dactilares como auténticos detectives.
O proceso é o seguinte:
✔️ Marcamos a nosa pegada nun bote de cristal
✔️ A impresión se consegue debido a grasa que temos na nosa pel, o que fai que quede marcada no cristal. O engadir os polvos de tacto se adhere a ela e cun pincel retiramos o exceso de polvos.
✔️ Finalmente recollemos a pegada cun trozo de cinta adhesiva transparente e a pegamos nun trociño de cartolina negra para que se vexa mellor.
Despois puxemos en práctica unha investigación na nosa aula, a través do xogo de pistas "Frío/quente".
Neste xogo un alumno/a sae da aula e outro esconde un obxecto. Os demais nenos vamos dándolle pistas sobre a súa ubicación.
Se estamos preto do obxecto escondido dicimos "quente ou arde" (se estamos moi próximos) e cando estamos lonxe do obxecto escondido dicimos "frío ou conxelado" (cando estamos moi afastados). A medida que nos aproximamos ao obxecto dicimos "temprado".
Neste vídeo podedes velo todo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario