Para elo crearemos unha estructura dun maio, inspirada na figura dunha árbore, que adornaremos con flores de papel con fotos nosas, onde cada neno/a debe expresar unha emoción.
Inspirándons no conto "Monstruo de cores" de Anna Llenas, cada neno elixiu a emoción que quería representar e logo decoramos os pétalos da flor coa cor que vai asociada a esa emoción.
Nesta ocasión tiramos un dado e debemos facer o grafismo que saia nese dado.
No tempo de lecer, aproveitamos para facemos as fotos e tamén para xogar descalzos, en contacto coa natureza.
Rematamos a xornada facendo unha ficha relacionada coa carreira de canicas que fixemos onte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario