Pero o coñecemento dos minutos foi máis complexo, pois temos que ir sumando de 5 en 5 para saber cantos minutos marca un reloxo. Algo que aínda debemos afianzar en posteriores clases.
Despois xogamos a ver que hora. Primeiro eu movía a agulla e logo eles dicían a hora que marcaba. Nun segundo momento un neno ou nena colocaba as agullas e agora eran os compañeiros/as os qué debían averiguar cal era.
Para rematar fixemos unha ficha co noso libro de matemáticas manipulativas "Canicas", relacionada coas horas, onde tiñan que identificar os dous reloxos que marcaban a mesma hora e dicir cal é.
No hay comentarios:
Publicar un comentario