Hoxe traballamos os números ordinais, que se empregan para indicar a posición que ocupan os diversos elementos nunha serie.
Entre todos fomos explicamos en que situacións se utilizan: na fila, nas carreras ou competicións, para designar asentos nos avións...
Para afianzar este concepto fixemos unha carreira de canicas entre os diversos equipos para ver que posición quedaba cada nen@.
Empregamos os nosos “miniyos" para colocarnos nun podio de clasificación.
Foi moi divertido!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario