Creamos uns medallóns primaverais con pasta de modelar (negra e branca), moldes de plastilina, flores secas e témpera con purpurina de diversas cores.
Primeiro tivemos que modelar a pasta, logo co rodillo aplastamos a masa e cos moldes da plastilina lle demos a forma desexada (estrella, círculo ou corazón) e finalmente pintamos e decoramos con témpera con purpurina e flores secas.
O resultado non pode ser máis espectacular!!!
Tamén conmemoramos o aniversario de Julia, que hoxe cumpría 6 anos. Trouxo moitas cousas de cando era máis cativa: fotos, unhas alpargatas, os seus peluches favoritos, unha camiseta da guardería...
No hay comentarios:
Publicar un comentario