Nesta ocasión medimos as diferentes pezas das regretas para comprobar que a regreta do 1 mide 1 cm, a do 2 dous cm e así ata chegar a do 10, que mide 10 cm.
Despois fixemos o xogo "Torre de regretas", un xogo de equilibrios coas regletas para afianzar estes conceptos, e traballar así dun xeito más divertido o concepto.
O alumnado, en quendas, dentro do seu equipo de traballo lanza un dado e ten que colocar a regreta que equivale a esa medida. Así por exemplo, se sae o número 2 no dado ten que colocar a regreta vermella.
Despois o seguinte neno/a lanza o dado e debe colocar a regreta correspondente enriba da outra, manténdoas en equilibrio sen que se desmonte a torre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario