Repasamos o que aprenderamos o outro día sobre as horas e as agullas do reloxo.
Hoxe iniciámonos no conteo dos minutos.
Para elo fixemos un xogo onde unha ra, tiña que ir saltando de charco en charco de 5 en 5.
Descubrimos que o sumar de 5 en 5 os números sempre rematan en 0 ou 5.
Axudámonos dos nosos dedos e dos dedos dos nosos compañeiros/as para poder sumar de 5 en 5, posto que nós soamente temos 10 dedos nas mans.
Seguiremos practicando para afianzar o concepto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario