PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 25 de febrero de 2018

Visita familia Alba Calvo

O venres visitounos Luis, o pai de Alba Calvo, para explicarnos e amosarnos un pouquiño da natureza que nos arrodea. @s piratas quedaron abraiados e puideron tocar, escoitar, observar , ver e desfrutar dos tesouros de Luis. Unha gran experiencia para eles!!Moitas grazas por vir!!Aquí vos deixamos o vídeo!!

domingo, 18 de febrero de 2018

ENTROIDO PIRATA

A CONTINUACIÓN, PODEREDES VER O GRAN TRABALLO QUE FIXERON @S PIRATAS PARA TER TODO LISTO PARA O ENTROIDO!!GRAZAS AS FAMILIAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!

miércoles, 14 de febrero de 2018

Semana do entroido 6º Infantil

Día da paz

Para conmemorar o Día da Paz e non violencia fixemos diversas actividades no noso cole: un mural dunha pomba da paz cos papeis das magdalenas, unha pomba xigante con lazos brancos e, finalmente, bailamos a canción de Imagine de John Lenon, cantada polo alumnado de primaria.
aquí podedes velo!!!

Obradoiro Nutrición

Neste obradoiro o alumnado aprendeu en que consiste unha alimentación saudable e os efectos nocivos dunha mala alimentación a través do conto de dous nenos, Pepón e Gustavo. Despois do conto tivemos unha breve charla sobre as diversas familias de alimentos e rematamos a actividade cun obradoiro de cociña, onde aprendemos a facer unha pizza moi sana.