PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 26 de marzo de 2021

Regletas en 5 anos

A clase de hoxe xirou en torno ao número 10.
Primeiro taballamos o número 10, compoñendo a serie numérica e  troquelando os números do 1 ao 10.

Tamén iniciámonos no uso das regletas. Este material representa os números do 1 ao 10 e cada peza está asociada a un cor e ten unha determinada loxintude.. Así a regreta do 1 (a branca) mide 1 cm, a do 2 (a vermella) mide 2 cm e así ata chegar ao 10.

Con este material traballamos o razonamento lóxico matemático, posto que ten múltiples posibilidades: sumas, descomposición de números, equilibrios, medidas, pirámides, creación de debuxos...
Hoxe centrámonos só na pirámide e descomposición de números e sumas, pero en posteriores clase traballaremos os demais conceptos.

Ademáis como era o último día do mes de marzo que tiñamos clase, antes das vacacións, tocaba facer o rexistro meteorolóxico de marzo.

Despois comparamos o rexistro meteorolóxico deste mes cos meses anteriores.

E sacamos as nosas propias conclusións sobre o clima: en marzo houbo máis días de sol, en febreiro de sol e nubes e en decembro nubrados e chuviosos.

A conclusión a que chegamos finalmente foi que en inverno fai máis días chuviosos e nubrados e a medida que nos acercamos á primaveira os días son máis soleados. 

jueves, 25 de marzo de 2021

Conceptos anterior y posterior en 5 anos

Seguimos trabajando la recta numérica.
En esta ocasión colocamos un número y el alumnado debe identificar y colocar el número anterior y posterior a ese número. 

Empezamos con números del 1 al 10 y posteriormente vamos complicando la actividad con números mayores.

 

Simetría de vehículo. 4 anos.

Traballamos as simetrías. Primeiro fixemos un xogo na pantalla de buscar a metade dun obxecto. A continuación, tivemos que debuxar a metade do vehículo de rescate con rotulador e colorealo. Finalmente estampamos gotas de choiva co dedo.

miércoles, 24 de marzo de 2021

Reproducción de patróns en movementos en 5 anos

Hoxe practicamos cun xogo de orientación que temos na aula. 

Comezamos amosando o xogo ao alumnado e explicando a dinámica do mesmo. 
O xogo consiste en reproducir o patrón dunha figura en movemento . Para elo contamos con diversas tarxetas con diferentes posicións do corpo humano. 

✔️ Primeiro temos que crear ese patrón con paos e corchos, que representan as partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades.
✔️ Logo temos que fixarnos na orientación do patrón, traballando así conceptos como dereita e esquerda.
✔️ E finalmente tentamos de recrear ese movemento co noso propio corpo.

Logo fixemos a mesma actividade nos grupos de traballo pero empregando as tapas dos nosos rotuladores.

E finalmente os nenos/as inventaron os seus propios patróns de movemento, algúns realmente orixinais. 

No seguinte vídeo podedes ver todos os patróns que creamos!!

Coello de Pascua. 4 anos

Fixemos un Coello de Pascua. Primeiro estampamos as nosas mans para facer as orellas. Despois picamos a cara e pegámoslle o interior das orellas, o nariz e os bigotes. Cómo nos gustou o Coelliño!.

martes, 23 de marzo de 2021

Metro e serie numérica en 5 anos

Xa estamos finalizando este trimestre e hoxe tocaba afianzar conceptos previamente traballandos na aula. 
Nesta ocasión reforzamos a serie numérica e para elo empleamos un novo utensilio: o metro.


Desta forma traballamos a serie numérica dunha maneira máis divertida e amena.
Medimos a nosa altura, as nosas mans e pés, os mobles da aula, os libros, e toda canta cousa se nos ocorrese.
Por parellas, axudámonos a sorter o metro, medimos e comparamos. 
É así descubrimos que moitos tiñamos a mesma medida de mans e pés.  

Búsqueda Ovos de Pascua. 4 anos

Fixemos a búsqueda de Ovos de Pascua. Viu o coelliño de Pascua e deixounos escondidos no patio Ovos de Pascua de chocolate. Dividímonos por equipos e cada equipo tiña que buscar nunha zona. Encontramos un montón e os degustamos na merenda. Qué divertido!

lunes, 22 de marzo de 2021

Búsqueda Ovos Pascua en 5 anos

Hoxe conmemoramos o meu aniversario, que foi o domingo 21 de marzo.


Para celebralo trouxen moitos recordos da miña infancia e unha gran sorpresa para facer co alumnado: unha búsqueda de Ovos de Pascua.

No patio, antes de merendar, fomos moi emocionados a buscar os ovos de Pascua, que estaban moi ben escondidiños. 
Aquí vos deixo un vídeo da búsqueda.


Despois fomos a clase a decoralos.
Tiñamos 2 ovos para decorar: un para pintar libremente con rotuladores e outro para facer un animal. 
Déixeilles varias propostas e eles foron elixindo a que máis lles gustaba: raposo, ra, ovella, porquiño, minion, oso panda. ..


Sumas. 4 anos

Iniciámonos na suma. Primeiro na asamblea co xogo das mans debíamos poñer un número de dedos en cada man. Despois debíamos poñer o número total abaixo. A continuación fixemos unha ficha na que debíamos sumar os medios de trasnporte. Custounos un pouquiño pero seguiremos practicando a suma.

jueves, 18 de marzo de 2021

Portadas rematadas e cumple de Artai en 5 anos

Hoxe rematamos as portadas dos nosos traballos deste trimestre.
Pegamos as nosas fotos, decoramos o paraugas con mini grafismos creativos, fixemos as nubes con algodón e creamos pequenas pingas de choiva con goma eva.

Velaquí o resultado do noso traballo:




Tamén tivemos tempo de festexar o aniversario de Artai, que cumplirá mañá 6 anos. 
Trouxo moitísimos recordos de cando era máis cativo: o seu peluche favorito, fotos de cando era máis pequeno, algunha manualidade, a invitación da despedida da gardería... 
Explicounos todo moi ben e puidemos ver como era de recén nacido. 

 Artai, que teñas un bonito día!! 

Ovos de Pascua. 4 anos

Fixemos uns ovos de Pascua en varios días. O primeiro día pintamos con témpera sólida os ovos de colores e os deixamos secar. Hoxe picamos os ovos e botámoslle purpurina. Finalmente, puxémoslle un palito depresor.

miércoles, 17 de marzo de 2021

Portadas traballos trimestre en 5 anos

Hoxe comezamos a facer as portadas para os traballos deste trimestre.
O tema é o inverno e queremos recrear o alumnado nun día chuvioso.
Hoxe tocaba empezar a facer a choiva de cores. Para elo empregamos una técnica nova: pintar con pipetas de experimentación.

Primero mollamos a pipeta en varias cores e deixamos caer una gotiña, logo movemos o papel e deixamos e a gota corra polo folio.
Foi moi divertido!!

Aquí podedes ver un pouco esta técnica en movemento.

 

Tamén fixemos as fotos do alumnado simulando que están suxetando un paraugas nun día chuvioso. Recreamos diversas escenas: tocando a choiva, deixando que caiga a auga da choiva na nosa cara, saltando charcos... 

Mañá pegaremos as fotos e decoraremos os paraguas con grafismo creativo. 

Taller de Braille. 4 anos

Hoxe tivemos unha actividades moi especial: un taller de Braille. Viu Isabel da Once e Xabela de 6 curso. Explicounos o alfabeto Braille, deixounos material braille con distintas texturas que experimentamos por equipos e finalmente leunos un conto da Granxa precioso. Grazas Xabela e Isabel polo taller de Braille aprendimos un montón.

martes, 16 de marzo de 2021

Sudoku numérico en 5 anos

Hoxe volvemos repetir o xogo do sudoku, pero nesta ocasión fixemos un sudoku numérico.


É moi importante traballar este tipo de xogos frecuentemente para que nos esquezamos as súas regras.
Primeiro escribimos nunha mini pizarra o nome do xogo. Despois, un a un, saímos todos a colocar os números no panel do sudoku.

Finalmente fixemos unha ficha relacionada con esta actividade. 

Pero tamén tivemos tempo de traballar as nosas relaciones sociais.

Na pizarra individual tiñamos que debuxar ao noso mellor amigo/a da aula.
Como todos as persoas somos diferentes, as respostas do alumnado tamén foron moi variadas: algúns elixiron a un só neno ou nena, outros a varios compañeiros/as e  mesmo algúns, a toda a clase.

 
Para ilustrar esta bonita actividade fixemos unha foto con eses amigos/as e os noso debuxos. 
Para a foto en grupo tivemos que conectar o temporalizador da cámara de fotos (do que xa falaramos fai uns días noutra ficha de secuenciación de viñetas) e facer varias tomas porque, como sucedía naquela ficha, non conseguimos saír todos na primeira toma. 

Plantamos cebolas. 4 anos

Estivo un día boísimo e fumos o horto plantar cebolas. Primeiro abonamos a terra, despois cada un plantou a súa cebola nun buratiño e finalmente regamos as nosas ceboliñas. Iremos ver cómo crecen.

lunes, 15 de marzo de 2021

Xogos simetrías e prantación cebolas en 5 anos

Hoxe fixemos unha ficha relacionada co concepto matemático das simetrías, un concepto un pouco complexo de entender.


Para afianzar mellor o concepto, xogamos coas simetrías e as regletas.
Eu reproducía un patrón nunha recta e o alumnado tiña que terminar o patrón, na parte inferior da recta.
Hai algún tempo, xa fixeramos un xogo similar, pero nesa ocasión tiñan que completar o patrón, debuxándoo. 

Encántanlles este tipo de xogos e xa me están a pedir que o repitamos noutra ocasión.

Ademais hoxe tócounos volver á horta con Pepe. Nesta ocasión prantamos cebolas. Primeros usamos o sacho para remexer a terra, fixemos uns buraquiños, prantamos as cebollas e finalmente regámolas. 

Formas Xeométricas. 4 anos.

Fixemos un xogo na Asamblea de Formas Xeométricas debían escoller unha forma xeométrica en base a tres atributos: forma, cor e tamaño. Despois xogamos e construímos formas coas pezas. Finalmente na ficha debíamos troquelar as figuras xeométricas e pegalas de tal forma que fixésemos un avión. Pasámolo moi ben e aprendimos moito.