PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 30 de abril de 2021

Sobres colgantes primaverais e novo rincón asamblea en 5 anos

Hoxe inauguramos un novo epazo na nosa asamblea: o rincón das hipóteses. Trátase de diversas preguntas na que o alumnado imaxuna que pasaría se... Deselvolvendo así a súa expresión oral, imaxinación e capacidade de reflexión. 


A hipóteses de hoxe foi "que pasaría se en inverno fixese calor..." Houbo múltiples respostas, cada cal máis orixinal: 

✔️ Iríamos a praia
✔️ Tomaríamos xelados en inverno
✔️ Papá Noel e os Reis virían en bañador as nosas casas... 

Tamén estes días fixemos uns colgantes primaverais e hoxe creamos uns sobres para levalos a casa.
Decorámolos con debuxos, brillantes e troqueles de diversas formas.



Tamén tivemos tempo para ler un conto sobre as emocións. Nesta ocasión trátase da furia e das diversos estados que provocan no protagonista do conto (un pequenos dragón) e como aprender a xestionalos.



Miniaturas de Dinosaurios

Xogamos a ser paleontólogos e estudiar os dinosaurios debemos ver cada tipo e despois de analizar as súas características buscar a súa miniatura coa lupa.Qué xogo máis divertido e cántas cousas aprendimos.

jueves, 29 de abril de 2021

É primaveira en 5 anos

Hoxe rematamos os nosos colgantes, colándolles una corda e algún abalorio para decoralos. Mañá, por fin, levaranos  a casa. 



Tamén rematamos a ficha de grafismo creativo, que nesta semana comezaramos, facendo o fondo da hierba con pinzas da roupa. Hoxe tocaba decorar a flor, con diversos grafismos, para elo, axudámonos das nosas tarxetas de grafismos. 

Mandala. 4 anos

Pintamos un mandala con ceras e despois cubrímolo con témpera de purpurina. Fixémolo o ritmo da música. Os mandalas axudan a atención, concentración e coordinación viso-manual.

miércoles, 28 de abril de 2021

Medallóns primaverais en 5 anos

Hoxe fixemos unha actividade moi artística para traballar a primaveira.


Creamos uns medallóns primaverais con pasta de modelar (negra e branca), moldes de plastilina, flores secas e témpera con purpurina de diversas cores.

Primeiro tivemos que modelar a pasta, logo co rodillo aplastamos a masa e cos moldes da plastilina lle demos a forma desexada (estrella, círculo ou corazón) e finalmente pintamos e decoramos con témpera con purpurina e flores secas.

O resultado non pode ser máis espectacular!!! 


Tamén conmemoramos o aniversario de Julia, que hoxe cumpría 6 anos. Trouxo moitas cousas de cando era máis cativa:  fotos, unhas alpargatas, os seus peluches favoritos, unha camiseta da guardería...

Tattoos de Dinosaurios. 4 anos

Estamos moi emocionados co Proxecto dos Dinosaurios e por equipos puxemos un tattoo do noso dinosaurio preferido. Vimos o proceso como había que mollalo e despois retirar o papel de enriba despaciño. Qué contentos cos nosos tattoos.

Memory de Dinosaurios.

Aprendimos un xogo novo o Memory de Dinosaurios debíamos descubrir un tipo de dinosaurio e despois buscar a súa parella tiñamos tres intentos cada un. É un xogo que mellora a atención e a memoria.


Photocall. 4 anos.

Comezamos a preparar un Photocall de Dinosaurios eleximos o Tiranosaurio Rex. Pintamos por equipos con témpera o mural. Qué divertido.

martes, 27 de abril de 2021

Lectura ao aire libre en 6° infantil e pintura con pinzas

Hoxe fixemos a lectura ao aire libre, que adiaramos a semana pasada, por mor do mal tempo. Con esta actividade rematamos coas actividades da semana do libro.
Ao chegar ao aula atopámonos cunha morea de contos, para ler ao aire libre. 
Cada alumno elixiu 2, que fomos a ler á zona da horta. 


Aproveitando que estábamos nesa zona comprobamos o crecidas que están as verduras e hortalizas, que prantamos na horta.

Rematamos a xornada comezando cunha nova técnica artística: pintar con pinzas da roupa. 
Imos facer unhas flores primaveiras e hoxe fixemos un fondo de herba con esta técnica. 

Día do Libro. 4 anos

O venres que foi o Día do Libro non puidemos sair a ler ó aire libre. Así que hoxe lemos dous contos un a profe Raquel e outro a profe Silvia. Cómo nos gusta ler e escoitar os contos.

Conferencia de Hector. 4 anos

Héctor explicounos o Tiranosaurio Rex o qué comía, cómo camiña e que ten unhos dentes afiados. Ademais trouxo unhos bonecos de dinosaurios para ensinarnos.

Conferencia de Lucía S. 4 anos

Lucía Santos explicounos varias cousas do Triceratops. Dáballe un pouco de vergoña pero o final contounos moitas cousas: come herba, ten 4 patas, 3 cornos e deféndese con eles.

lunes, 26 de abril de 2021

Balanza en 5 anos

Hoxe repasamos os conceptos de lixeiro e pesado.


Temos que pesar diferentes animais de xoguete e colócalos na balanza para averiguar o seu peso. 

Para elo creamos a nosa propia balanza cunha regra, unha caixa pequena redonda e dúas rodaixas de madeira.  

Se é pesado o animal da balanza irá cara abaixo e se é lixeiro o animal irá cara arriba.

 
Despois trasladamos o aprendido a ficha do libro de mates nanipulativas Canicas. Onde colocamos nun columpio tipo balancín os animais pesados abaixo e os lixeiro enriba.

Ovos de Dinosaurio. 4 anos

Fixemos un collage cos ovos do dinosaurio con trociños de goma eva e papel de seda. Despois picamos o ovo e pegamos o dinosaurio que pintamos por detrás.

Conferencia de Xián. 4 anos

Xián expúxonos o Estegosaurio: o que come, as patas e pinchos que ten para defenderse, que nace de ovos e come herba.

Conferencia de Julia. 4 anos

Julia expúxonos o Pteranodon un dinosaurio que voaba e explicounos o que come, as patas que ten e cómo voa."

viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro en 5 anos

Hoxe o chegar ao aula atopámonos cunha gran sorpresa: un conto para cada nen@.


Moi emocionados eliximos o que máis nos gustaba a cada un, metémolas nos sobres que decoramos en sesións anteriores e fomos con ese agasallo para casa. 

Tamén fomos a aula de informática, como todos os venres. Nesta ocasión xogamos un xogo de habilidade chamado tuberías locas. 

Celebramos o cumpre de Nahuel, que hoxe cumpría 6 anos e ensínounos dous dos seus xoguetes favoritos que lle regalaron con 2 e 3 anos o seu avó e a súa irmá. 

E rematamos a xornada coa lectura do conto "Lávate las manos, María". 

Aquí vos deixo resume de todo o que fixemos hoxe neste vídeo. 



Día do Libro. 4 anos

Celebramos o dia do Libro e para elo por equipos debuxamos o noso conto preferido, cada un fixo o debuxo do seu e escribiu o título. Tamén fixemos a lectura dun conto pero non puidemos facelo o aire libre por mor do tempo. Ademais tivemos un agasallo dun conto para Ler e non Devolver. 

jueves, 22 de abril de 2021

Semana do libro en 5 anos

Esta semana está adicada a conmemorar o Día do Libro.
Xa fiixemos varias actividades na aula, como a lectura do conto "Que sentes?" e o posterior obradoiro de creación de cariñas de emocións con pezas soltas, a decoración de sobres para os agasallos do día do Libro e hoxe fixemos unha posta en común dos nosos contos favoritos.
Cada neno/a elixiu o seu conto favorito, escribiu o título e debúxouno.

E mañá máis....  Agárdanos unha gran sorpresa ao chegar ao aula!! 🎉