PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 27 de febrero de 2019

O meco en 4º infantil

O meco deste ano é o Sereo. Entre todos os alumnos/as de infantil fixemos a nosa versión do Sereo: elaborando as escamas con masa para modelar, cubrindo a cabeza co trociños de papel albal e a espalda con papel de burbullas. Este foi o resultado!!

martes, 26 de febrero de 2019

Mural Proxecto Terra 4ª Infantil

Este ano o colexio participa no Plan Proxecta, cun proxecto centrado en Vigo, no mar e na terra. Entre todos estamos a facer un mural deste proxecto. Concretamente a nosa aula tina que colorear a contorna da Comarca de Vigo e facer as vivendas. Aquí podedes ver como está a quedar o mural, aínda sen rematar.

Día de Rosalía de Castro

Este curso para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (o 24 de febreiro), decoramos as escaleiras de subida ao primeiro andar cun poema de Rosalía de Castro. A aula de 3 anos fixemos o primeiro escalón.

Obradoiros de estimulación do Linguaxe oral en 4º Infantil

Todos os mércores o alumnado de 4º de Educación Infantil, facemos diferentes xogos lingüísticos coa mestra Ana, de Audición e linguaxe, co fin de mellorar a pronuncia e articulación dos fonemas. Aquí podedes ver algúns deles.
taller estimulación linguaxe
Dominó lingüístico.

Pomba da Paz en 4º Infantil

Un ano máis para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, construimos unha Pomba da Paz entre todo o alumnado do centro, con lazos brancos. Este foi o resultado!!!

Visita Museo do Mar

O pasado martes 19 de febreiro fomos visitar o Museo do Mar de Vigo, a ver a exposición "Son Peixes?, centrada na contaminación dos mares. Puidemos ver un gran cantidade de productos que atopamos nos nosos mares e praias como plásticos, tapóns, redes... que dañan os animais acuáticos.

manualidade polbo en 3 anos

 Este ano polo entroido imos disfrazarnos de polbos e para ambientar a nosa aula fixemos unhas manualidades de polbos. Para elo necesitamos rollos de papel hixiénico, pintura de cores e abalorios. Queredes ver os nosos polbos.

sábado, 16 de febrero de 2019

Novo e espectacular recuncho de lectura na aula dos animais!!!

Esta semana tivemos unha gran sorpresa na clase dos animais: un novo recuncho para ler!!!Pero o mellor de todo é que foi un agasallo feito polo pai de Silvia, Dany, que foi axudado polo pai de Daniela, Daniel, na posterior montaxe na aula. Queremos agradecerlles o seu esforzo, dedicación e, sobre todo, implicación xa que "para educar a un neno fai falta a tribu enteira". Así que....GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!