PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 21 de diciembre de 2021

Felices Festas en 3 anos

Onte chegou Papá Noel ao noso colexio para recibir as nosas cartas. 
Aínda que o alumnado de 3 anos non estaba no centro, a súa mestra  Leticia foi a encargada de dárllelas persoalmente co fin de que os seus desexos chegasen.


A todas ás familias e nen@s da aula desexámovos unhas FELICES FESTAS!! 

 

Vémonos á volta, con moita máis diversión e experiencias increíbles!! 



Campanadas e Chocolatada. 5 anos.

Qué ben o pasamos. Primeiro demos as campanadas e con cada campanada comíamos un gusanito. Despois estoupamos un cañón de confetti e lanzamos globos. Puxemos música de baile e bailamos un montón. Ó vir do recreo para rematar a festa tomamos chocolate con magdalenas. Qué día máis divertido podedes velo no vídeo.

lunes, 20 de diciembre de 2021

Cumpreanos Lucía S. 5 anos

Tivemos o último cumpreanos do ano o de Lucía. Qué contenta estaba!. Fixémolo seguindo o método Montessori demos cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. Ademais ensinounos varias fotos de cando era pequena e un biberón. Parabens Lucía.

Visita de Papá Noel. 5 anos.

Qué emocionados estábamos hoxe veunos visitar Papá Noel o colexio. Repartimos as cartas que días previos elaboramos e vímolo chegar no seu trineo con dous renos e un duende. A continuación, fómoslle entregando un por un as nosas cartas e finalmente fixemos unha foto de grupo. Podedes ver a actividade no vídeo.

viernes, 17 de diciembre de 2021

Papanoelada Motera. 5 anos

Qué guapos estábamos cos gorriños de Papá Noel. Fumos as motos e recreamos a Papanoelada facendo un circuito polo colexio. Qué divertido foi podedes velo no vídeo.

Taller de Audición e Linguaxe. 5 anos

Tódolos venres temos un taller de Audición e Linguaxe que nos imparte a profe Sandra. Hoxe no taller contounos un conto con Luz Negra de animais que nos encantou a todos. Encántanos a luz negra.

Bolboreta de Grafismos. 5 anos

Traballamos os grafismos é un paso previo á escritura. Neste caso fixemos o corpo da bolboreta con puntillismo, unhas ás con grafismos rectos e as outras ás con grafismos curvos todo con rotuladores metalizados. Quedáronnos as bolboretas preciosas.

jueves, 16 de diciembre de 2021

Papanoelada motera en 3 anos

Hoxe no noso calendario de advento saiu unha das actividades máis divertidas do Nadal: debiamos imitar unha Papanoelada motera. 
Así que ataviados cos nosos mellores sombreros de Papá Noel, fomos percorrendo as diferentes estancias do noso colexio.


Foi xenial!! 

Panxoliña de Nadal. 5 anos

Na hora de música fomos grabar o estribillo da Panxoliña de Nadal que estivemos ensaiando os días previos na clase. Saiunos moi ben o cantamos de maravilla como podedes ver na grabación.

Xoaniña e estampación con follas. 5 anos

Retomamos o Proxecto dos Animais. Comezamos a investigar os insectos. En concreto, a xoaniña. Vimos nun vídeo como nace e crece. A continuación, cada un debuxou no seu caderno a xoaniña con lapis e coloreouna con ceras. Pero o máis divertido foi estampar coas follas do patio a vexetación na que vive a xoaniña. Foi unha técnica nova que nos encantou, podedes velo no vídeo.

Cumpreanos de Julia . 5 anos

Julia cumpriu hoxe 5 anos. Celebramos o cumpreanos seguindo o método Montessori demos cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. A continuación, ensinounos varios obxetos de cando era pequena que nos gustaron moito. Finalmente puxemos unha presentación dixital e ela foinos explicando as distintas fotos. Qué ben o pasamos. Parabéns Julia. Podedes ver os dous vídeos.

miércoles, 15 de diciembre de 2021

Dobble XXL. 5 anos

Xogamos un xogo novo o Dobble xigante. Extendemos as pezas no chan e debíamos buscar por parellas as figuras iguais. É un xogo que mellora a atención e coordinación viso-espacial. Qué divertido!

martes, 14 de diciembre de 2021

Postais Nadal en 3 anos

Hoxe no noso calendario de advento saiu a misión de enviar unhas postais navideñas a algún familiar ou amigo, así qie aproveitando que facia un día estupendo fixemos a nosa primeira saída fóra do recinto escolar. 


Esperemos que vos cheguen prontiño e xa nos iredes contando!! 

Taller contra os Abusos Sexuais. 5 anos

Tivemos un taller coa Orientadora Susana onde orientado para Educación Infantil nos falou dos abusos sexuais a través do Conto Kiko e a Man e tamén lles presentou a figura do Apalpador. Podedes ver o vídeo do conto que tanto nos gustou.

Exposición de Receitas. 5 anos

Julia fixo unha receita super orixinal: ovos de dinosaurio. Coceu os ovos e mesturounos con colorante e vinagre. Despois foron a nevera e o sacalos parecían tal cual unhos ovos de dinosaurio. Qué ben che saiu a exposición. Parabens Julia!.

Abrazo no Acivro. 5 anos.

A Orde do Calendario de Advento mandounos darnos un abrazo debaixo dunha rama de acivro. A tradición di que hai que bicarse debaixo da rama desta árbore pero como non se pode por mor do Covid sustituimos os bicos por abrazos e qué ben nos sentaron!.

lunes, 13 de diciembre de 2021

Exposición de Postais e Decoración do Colexio. 5 anos

Fomos ver a exposición de postais que elaborou todo o alumnado do Colexio, están expostas e despois mandaranse a centros da Contorna para felicitar as festas. Ademais aproveitamos e fumos ver a decoración da Anpa do colexio quedou preciosa como sempre. O noso agradecemento pola súa labor.

Colgante de Árbore. 5 anos

O Calendario de Adviento mandounos decorar unha árbore de Nadal así que o decoramos librememte e despois añadímoslle o cordel. Qué orixinais quedaron!.

Provocación de Nadal. 5 anos

Provocación de Nadal: Ó chegar a clase tiñamos unha sorpresa estaba unha árbore de madeira con distintos elementos de decoración para colocarlle. A provocación é unha técnica utilizada para estimular a imaxinación e creatividade.Neste caso tiñamos que colocar libremente na árbore tódolos elementos dispostos. Foi moi divertido como podedes comprobar no vídeo.

viernes, 10 de diciembre de 2021

Mandalas Navideños. 5 anos

A Orde do Calendario de Adviento de hoxe era pintar un Mandala Navideño. Os mandalas axudan a concentración, a atención e a  coordinación visomanual. Pintamos os mandalas con acuarelas, unha técnica que nos encanta.

Facemos Neve. 5 anos.

Fixemos o Experimento de facer Neve que xa fixéramos en 3 anos e nos encantara. Mesturamos 2 vasos de Bicarbonato de Sodio por 1 vaso de Auga e revolvemos ben. A continuación coa neve creada fixemos monecos de neve e os decoramos con abalorios, plastilina e goma eva. Qué divertido foi xogar coa neve podedes velo no vídeo!.

jueves, 9 de diciembre de 2021

Árbore Nadal en 3 anos

Creamos adornos de nadal con cunchas e logo colocámolos na árbore para decorar o corredoiro de infantil.



Ademáis Alma e Oliver trouxeron a nosa clase dúas prantas coas sementes da cabaza que decoramos na aula e que levaron a casa por Samaín. 

Decoramos a árbore de Nadal coas cunchas. 5 anos

Fomos levar as nosas cunchas de Papá Noel a árbore de Nadal. Puxémolas arredor de toda a árbore e despois sacamos unha foto na árbore cos compañeiros e coas profes. Podedes ver o vídeo de cómo colocaron as cunchas.

Boneco de Jengibre. 5 anos

O calendario de Adviento púxonos a Orde de colorear un debuxo típico de Nadal. Así que coloreamos o Boneco de Jengibre. Despois decoramos o palo depresor con rotuladores de cores facendo grafismos e finalmente con cola pegamos o boneco enriba. Qué ben nos quedou!.

Exposición de Receitas. 5 anos

Esta semana finalizamos coa Exposición de Receitas. Hoxe tocoulle o turno a Miguel que nos explicou moi ben cómo fixo a tarta de cenoria, Érika que nos contou cómo fixo a súa receita de filloas e finalmente, Lucía S. que fixo tortitas de Paraguay qué boa pinta tiñan. Parabens a todos!.

sábado, 4 de diciembre de 2021

Maceteiro para plantar fresas. 5 anos

Acudimos o horto onde temos unha nova zona. Tivemos que preparar un novo maceteiro alongado onde imos poñer fresas. Hoxe tocounos preparar a terra fúmola poñendo coas pás e esparcindo por todo o maceteiro. Voltaremos outro día a poñer as semillas das fresas.

viernes, 3 de diciembre de 2021

Cumpreanos de Sergio. 5 anos.

Sergio cumpriu 5 anos qué contento estaba. Celebrámolo seguindo o método Montessori xirando cinco veces arredor do sol. Ademais trouxo un montón de recordos de cando era pequeno: un chupete, un babeiro, fotografías de cando era bebé e o que máis gracias noa fixo unhos zapatos pequeniños de cando era cativo. Comparámolos cos seus pés de agora e vimos todo o que creceu Sergio. Parabens Sergio!.

Postais ao Buzón. 5 anos

Saímos do Colexio levar as nosas postais de felicitación do Nadal ao Buzón. Pasámolo moi ben: botamos as cartas, xogamos coas follas de outono no parque, vimos unha fonte e regresamos de novo o colexio. Qué aventura máis divertida. Podedes ver a saída no video.

jueves, 2 de diciembre de 2021

Cunchas de Papá Noel. 5 anos

Comezamos a preparar as cunchas para decorar a árbore do Colexio. Pintamos a cuncha con témpera: vermella para o gorro, carne para a cara e branca para a barba. Mañá pegarémoslle os ollos e farémoslle a boca. Qué ben nos van quedar!.

Exposición de Receitas. 5 anos

Continuamos coa exposición de receitas. Tocoulle o turno a Martina que nos contou como fixo o biscoito de iogur, Ares que fixo un cojín de huevo qué boa pinta tiña e finalmente Héctor elaborou unhas galletas de árbore de Nadal e tróuxonos unha para cada un para degustar. Qué ricas!.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Provocación Nadal en 3 anos

Hoxe iniciamos o mes de decembro cun calendario de advento.


Cada día veremos que actividade nos  propón.
A actividade de hoxe foi unha provocación de Nadal, na que tiñamos que decorar o noso propio árbore de Nadal con diversos materiais. 
As provocacións son unha estratexia metodolóxica moi empregado en educación infantil, que teñen por obxectivo incitar e despertar o interese do alumnado por explorar, descubrir e actuar sobre os obxectos dese ambiente creado polo docente.


Queredes ver o ben que o pasamos??  

Carta a Papá Noel. 5 anos

A primeira Orde do Calendario de Adviento foi elaborar unha Carta para Papa Noel. Tivemos que recortar de revistas de xoguetes un xoguete despois debaixo escribir o nome do que pedíamos e finalmente decorar con gomets. Qué ilusión coa nosa carta.

Exposición de Receitas. 5 anos

Continuamos expoñendo as nosas receitas. Sergio explicounos a receita do seu biscoito. Xián tamén nos contou cómo facía as galletas de mantequilla e a semana pasada as compartiu cos compañeiros. Alejandro por outro lado fixo paté con ovo e atún e mollouno en nachos qué boa idea. Finalmente, Teo explicounos cómo fixo as magdalenas e tróuxonos unha degustación para compartir cos compañeiros. Qué boas estaban!.

Calendario de Adviento. 5 anos

Ó chegar a clase tiñamos preparada unha sorpresa tiñamos un Calendario de Adviento na árbore de Nadal. Cada día o encargado e encargada descubrirá a sorpresa que nos ten preparada para cada día. Qué emoción.