PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 25 de octubre de 2022

Psicomotricidade en 3 anos

Na sesión de hoxe debiamos completar unha secuencia motora saltando dentro dos aros pero ollo q non podíamos saltar os aros nos que estaba marcada  unha ❌
Finalmente ao completar o percorrido dos aros, tiñamos que construir unha torre seguindo a secuencia de cores como a dun modelo establecido.

Aquí podedes ver una pequena demostración!! 

Traballamos o Samain en 4 anos

Estes días estamos traballando o Samain na nosa aula.

Dividimos a aula en varios rincóns de aprendizaxe polos que alternativamente e simultáneamente van a ir pasando todos os alumnos/as, nos vindeiras xornadas. 

🎃 Rincón de lectoescritura, onde traballamos vocabulario relacionado coa temática do samaín, tanto en galego como castelán. 


🎃 Rincón da mesa de luz


🎃 Rincón da creatividade. 


🎃 Rincón da atención: con xogos de memori e correspondencia de imaxes. 


Ademáis tamén decoramos a porta da nosa aula coa temática deste ano do proxecto Galicia Máxica. 

Decoramos a porta en 5 anos

Este ano, dentro do noso proxecto Galicia Máxica, tiñamos o encargo de decorar a porta da nosa aula.

Moi emocionados adicamos varias xornadas a esta labor e para elo empregamos diferentes técnicas artísticas:

🎃 Creamos a pota da meiga, estampando en simetría. 


🎃 Creamos as pernas da nosa meiga, enchendo unhas medias con xornais. 


🎃 Pintamos a meiga, creamos a súa saia con papel de seda, picamos os seus zapatos e fixemos rolliños de papel con xornais e papel de seda para crear o lume. 


E velaquí o resultado final! 

miércoles, 19 de octubre de 2022

Aula de informática en 5 anos

Este curso, ao igual co anterior, seguiremos acudindo durante unha hora semanal (os mércores) a aula de informática.

Pouco a pouco fomos aprendiendo como se acende e apaga o equipo informático e como se manexa o rato.

Ademais o ordenador en infantil permite reforzar os contidos do currículo de maneira máis lúdica e motivadora, traballar por parellas fomentándose así a colaboración e o intercambio de información entre iguaís, aumentar a autonomía do alumnado e respectar os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado. 

Algúns consellos, cando xoguemos na casa coa tablet ou co ordenador son: 

🔻Non xogar unha hora antes de irse a durmir. 
🔻Non adicar máis de 60 minutos diarios. 
🔻Estar sempre baixo a supervisión dun dos proxenitores para controlar os contenidos aos que acceden e poder axudalos. 

Por petición popular, deíxovos os enlaces dos xogos que estamos a practicar durante este trimestre!!

➡️ Búho Boo: https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php

➡️ Tuberías locas: 
https://www.juegos.com/juego/tuberias-locas

➡️ Matemáticas Abn infantil: 
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/infantil-abn/amp/
 

Aula informática en 4 anos

Este ano comezamos a subir a aula de informática durante unha hora semanal todos os martes.
Nesta aula os nenos/as poderán xogar de maneira individual o por parellas aos diferentes xogos educativos que lles propongamos.

Os obxectivos son: 

🔻Mellorar a coordinación óculo manual e a destreza motriz fina (co manexo do rato). 
🔻Reforzar contidos do currículo de maneira máis lúdica e motivadora. 

Ademais o traballo co ordenador permite respetar os distintos ritmos de aprendizaxe de cada alumno/a. 

E se  o traballo é en parellas, permite compartir coñecementos e chegar a acordos sobre as quendas do xogo. 

Este trimestre comezamos co xogo o "Búho Boo" 🦉

Deixo o enlace, por se tamén queredes practicar na casa. 

➡️ https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php

Recordade que cando xoguen co ordenador ou coa tablet:
 
🔹O tempo máximo será entre 30 ou 45 minutos diarios,
🔹sempre acompañados por un dos proxenitores que controle que non acceden a contidos inadecuados e poidan axudalos e 
🔹non é axeitado usalo unha hora antes ir a durmir. 



Saltos en 3 anos

A clase de hoxe ía adicada aos saltos. Para elo fixemos un circuito alternando diferentes tipos de saltos: cos pés xuntos e coas pernas abertas.
Primeiro un a un os alumnos/as foron pasando polo circuito de xeito individual  e despois fixémolo en cadea, todos xuntos.

Os obxectivos desta sesión de psicomotricidade eran:

🔹Aumentar a axilidade do alumnado 
🔹Potenciar o seu control postural
🔹Traballar o equilibrio
🔹Mellorar a coordinación motora gruesa e a musculatura. 

Neste video podedes ver un resumo da sesión de hoxe. 





lunes, 17 de octubre de 2022

Xogo "atrapa as pelotas" en 3 anos

Hoxe adicamos a sesión de psicomotricidade a xogar cos sacos.

Este material é moi motivador para o alumnado e o mesmo tempo permite traballar moitas habilidades neles/as:

➡️ Estimula o equilibrio
➡️ Promove a velocidade e a resistencia
➡️ Estimula a axilidade
➡️ Permite ao alumnado gañar confianza en sí mesmo. 

Nun primeiro momento, fixemos a clásica carreira de sacos, onde debían saltar cos pés xuntos. Nesta carreira ninguén gaña nin perde. O noso único obxectivo é chegar ao final do percorrido e se caemos volvemos intentalo ata conseguilo. 


Despois xogamos a "atrapa as pelotas", xogo onde esparcimos moitísimas pelotas pola aula e os rapaces/as debían ir saltando cos seus sacos por toda a aula e ir meténdoas dentro dos seus sacos.


Queredes velo en movemento? 


viernes, 14 de octubre de 2022

Creatividade en 4 anos

Hoxe adicamos parte da nosa xornada escolar a potenciar o pensamiento creativo dos nosos alumnos/as.

Para elo dividimos a aula en 4 rincóns de aprendizaxe, onde libremente ou seguindo unha sinxela consigna, ían deixando voar a súa imaxinación, orixinalidade, espontaneidade e personalidade.

Fomentando a creatividade, conseguimos que o alumnado probe novas formas de facer as cousas, solucione os problemas que vai atopando sen medo ao erro e imaxinando novas ideas. 
 
Os rincóns de aprendizaxe son unha estratexia metodolóxica moi empregadas en infantil, dado que permiten traballar simultáneamente varias actividades en pequeno grupo, conseguindo así unha maior motivación e interese nos alumnos/as. Os rincóns de hoxe foron: 

✔️ Rincón da construcción

✔️ Rincón dos policubos


✔️ Rincón da plastilina

✔️ Rincón do arte


miércoles, 12 de octubre de 2022

Batido froitas en 3 anos

Partindo do conto "Unha rica merenda", escrito por Rocío Antón, no que Carapuchina esta moi preocupada polo lobo, que é moi glotón e so pensar en xantar golosinas, creamos unha receita moi saudable na nosa aula. Neste conto van aparecendo diferentes personaxes que lle ofrecen ao lobo comida sana.

Despois da lectura do mesmo fixemos un rico batido de froitas, moi saboroso e delicioso. 

En primeiro lugar, lavamos moi ben as mans e os ingredientes, cortámolos e metémolos na licuadora. 

O resultado final, tedes que velo!! 

Ingredientes:

◾Melón
◾Sandía 
◾Uvas
◾Framboesas
◾Plátano
◾Xeo

Rincóns de aprendizaxe en 5 anos

Na nosa aula, moitas veces, traballamos por rincóns de aprendizaxe, que son espazos delimitados da aula nos que o alumnado traballa de maneira individual ou en pequeno grupo de maneira simultánea en diferentes actividades de aprendizaxe. Os rincóns de aprendizaxe son espazos onde o alumno/a investiga, interactúa entre sí, onde se fomenta a autonomía e se permite desenvolver a súa intelixencia e creatividade. Ademais o traballo por rincóns de aprendizaxe permite atender aos diferentes ritmos de aprendizaxe, intereses e motivacións do alumnado. 

Os rincóns de aprendizaxe que traballamos o martes pasado foron os seguintes:

✅ Rincón do pensamiento lóxico matemático, onde descompoñemos números.


✅ Rincón manipulativo, onde debullamos millo. 

✅ Rincón de atención, onde xogamos o dobble. 


✅ Rincón de lectoescritura, onde compuxemos palabras seguindo un modelo. 

lunes, 10 de octubre de 2022

Sesión psimotrocidade aros e pelotas en 3 anos

Hoxe fixemos un mini circuito para traballar a axilidade e coordinación.

En primeiro lugar, como en todas as sesións, colocamos os materiais que imos empregar en cada sesión. Despois facemos unha breve explicación da actividade e demostración da mesma. 

Nesta ocasión o alumnado tiña que recordar una breve secuencia motora e repetila.
◾Comezamos saltando cos pés xuntos dentro de cada aro, unha vez dentro deben colocar a pelota no cono para así poder saltar cara o seguinte aro. 
◾Cando cheguen o final do percorrido dos aros, deben correr e coller un a un os aros e metelos ao redor da cadeira de escuma. 
◾É finalmente sentarse no trono dos gañadores/as. 

Estades preparados??

 

viernes, 7 de octubre de 2022

Xogo simbólico en 4 anos

Hoxe imos falar do Arco da Vella de Waldorf. 
Trátase dun xoguete de madeira moi atractivo e versátil, con forma de arco da Vella, que posibilita o xogo aberto e libre, fomentando a creatividade coas súas múltiples opcións de construcción e escultura, así como o xogo cooperativo. 

Na nosa aula temos dous arcos da vella, pero son máis pequenos (os de 6 pezas) , así que hoxe pedímoslle emprestado ao alumnado de 3 anos o seu, que ten 12 pezas. 

E comezamos a explorar as múltiples posibilidades que ten. 

Quedamos abraiados e con moitas ganas de seguir experimentando noutras sesións!!! 

miércoles, 5 de octubre de 2022

Desprazamentos en 3 anos

Hoxe na sesión de psicomotricidade xogamos aos desprazamentos.
Esta actividade tiña por obxectivo traballar o equilibrio, a destreza manual o traballo colaborativo cos compañeiros/as, a coordinación, a paciencia e por suposto a diversión!!!

martes, 4 de octubre de 2022

Manualidades en 5 anos

Para decorar a nosa aula creamos un bonitos atrapasoños, que están colgados do teito da nosa aula. 
Os atrapasoños son uns obxectos étnicos compostos por un aro circular, sobre o que se tece unha rede en forma de tea de araña e que adoita estar decorado con plumas ou contas. É propio do pobo ojibwa, pobo nativo de América do Norte. Tradicionalmente eran considerados uns obxectos capaces de filtrar os soños, deixando pasar so os positivos e quedando atrapados os malos soños, que desaparecían coa luz da alba.


Ademáis, como fai uns días, comezamos a estación do outono, estampamos follas naturais outonais. 

lunes, 3 de octubre de 2022

Instalación outono en 4 anos

Acaba de comezar o outono... e que mellor maneira de iniciarnos nesta estación, que cunha instalación de xogo con diversos elementos típicos do outono: millo, follas de distintas cores e formas, castañas e piñas.

As instalacións son espazos didácticos, nos que o alumnado experimenta, descubre, toca e pode desenvolverse con libertade, provocando sensacións e  interactuando coa súa contorna. 

Nesta ocasión, os cativos/as de 4 anos manipularon libremente os materias: rasgando as follas, troquelándoas e dándolles diversas formas cos troqueles, facéndose cóxegas os uns aous outros, coas follas, debullando o millo, facendo agrupación e series cos grans de millo....

Pasárono moi ben!!!