PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 16 de junio de 2019

Festa auga en infantil

O pasado venres 14 de xuño celebramos a Festa da auga co alumnado de infantil. Dividimos a todo o alumnado en 4 grupos. Os xogos coa temática da auga foron os seguintes: 1. Circuito 2. pescanso patos 3.Bolos 4.Transporte de auga Finalmente rematamos a festa, co que máis lles gustou a todos os nenos e nenas, o lanzamento de globos de auga.

jueves, 13 de junio de 2019

Saída Apípolis infantil

O pasado luns 10 de xuño fomos de excursión a Apípolis, alí puidemos vestirnos como apicultores/as, cociñar galletas con mel, ver as abellas máis de preto, probar a mel que producen e fabricar as nosas propias velas. Foi unha experiencia sensacional!!!

Parabéns Silvia e Daniela!!!

sábado, 1 de junio de 2019

Lectura colectiva en infantil

O venres 31 de maio rematamos o mes cunha das actividades que máis me gustan do noso colexio: unha lectura colectiva no patio, onde os nenos e nenas len contos os uns aos outros.

Cociñando pizza en 4ª Infantil

O pasado xoves 30 de maio veu visitar a nosa aula Olalla (a nai de Carla) para facer un obradoiro de cociñado de pizzas. Pasámolo moi ben e as pizza estaban boísimas!!!