PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 22 de junio de 2022

Provocación con xornais en 4 anos

Hoxe foi o último día de clase deste curso escolar e para celebralo, en 4 anos, recibimos ao noso alumnado cunha instalación con xornais e caixas de cartón.

O obxectivo desta provocación era invitar ao alumnado a que utilizase eses materiais para xogar libremente, segundo o seu interese, motivación ou curiosidade.

As provocacións son estratexias metodolóxicas moi empregadas en educación infantil para fomentar a exploración e a creatividade no alumnado.

Queredes ver que ben o pasamos? 

Xincana fin curso en infantil

O martes 21 de xuño fixemos unha divertida xincana deportiva para dar a benvida ao verán e celebrar o fin de curso.

Dividimos a todo o alumnado de infantil en 4 equipos mestuurados con nenos/as de 3, 4 e 5 anos, diferenciados por cores: vermello, azul, verde e rosa.

Rotativamente os catro equipos pasarían por 4 xogos difentes: 

▪️Encestar na diana
▪️Carreira de sacos
▪️Xogos con paracaídas e
▪️Xogo cadeiras

Pasámolo xenial!!!