PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 26 de febrero de 2021

O cambio climático en 5 anos

Hoxe descubrimos a Greta Thunberg na nosa aula e todo o que está facendo para concienciarnos sobre o coidado do medio ambiente.


Para entender mellor os efectos do calentamento global, o desxeo, a chuvia ácida e as súas consecuencias no noso planeta levamos a cabo 3 experimentos:

✔️Experimento 1: desxeo polo calentamiento global. 
Colocamos nunha bandexa bloques de xeo e dous animais polares (unha morsa e un oso polar). Despois levamos a bandexa enriba do radiador e observamos o que pasaba. Tivemos que levantarnos en varias ocasións para poder ver o que sucedía, porque ao igual que ocorre na vida real, o desxeo é un proceso lento. 
Conclusión: o xeo derrítese pola calor e os animais afóganse y quédanse sen fogar.


✔️Experimento 2: consecuencias do desxeo. 
Colocamos un vaso con auga en cada equipo de traballo. Nel sinalamos cun rotulador a marca onde estaba o auga e engadimos uns cantos cubitos de xeo. Deixamos que se derritan durante o tempo de lecer e ao voltar á aula observamos que o nivel do auga aumentara. O mesmo que sucederá cos mares e os océanos se se producise o desxeo. 
Reflexionamos aínda máis... se votaramos máis xeo, o auga do vaso desbordariase e sairía por fóra. É dicir, que invadiría e inundaría a superficie terrestre dos diferentes países.


✔️Experimento 3: Chuvia ácida e as súas consecuencias na vida.
Votamos nun vaso auga da billa do lavabo da aula, que representa a choiva normal. Despois votamos noutro vaso, vinagre (que representa a choiva ácida, é dicir, o auga da choiva mesturada coa contaminación do aire). 
Despois engadimos un xiz en cada vaso  e observamos. No vaso con choiva normal no pasa nada e no vaso de choiva ácida o xiz desfaise. 
Conclusión: a choiva ácida destrúe todo o que toca: rochas, prantas, vexetación, edificios...

Reflexionamos sobre que podemos facer para que estas cousas non sucedan nun futuro e nos damos conta que con pequenas accións de cada un de nós, unidas, podemos facer grandes cousas.

Aos peques lles encantou a clase de hoxe e estaban desexando ir as casas para transmitirvos toda esta información. 

Podedes ver o vídeo da actividade completa e as conclusións que sacaron explicadas por eles mesmos. 


Finalmente reflexionamos sobre esas pequenas cousas que podemos facer nós para evitar o cambio climático e a contaminación.  

Collage con Papel de Seda. 4 anos

Fixemos un collage con papel de seda dentro dun óvalo. Primeiro vimos distintas formas xeométricas: óvalo, círculo, cadrado... Debíamos rasgar o papel de seda de cores, facer boliñas e pegalas. É unha actividade moi boa para a motricidade fina e coordinación viso-manual.

miércoles, 24 de febrero de 2021

Serigrafiado. 4 anos.

Empregamos un novo papel de rascar recomendado polos compañeiros de 5 anos. Consiste en serigrafiar o que queremos debuxar, concretamente practicamos o esquema corporal " o monigote". Debían rascar co punzón o papel e para sorpresa deles o debuxar aparecían cores por debaixo. Era un papel máxico.

Cumpreanos de Lucía P. 4 anos

Celebramos o cumpreanos de Lucía P. seguindo o método Montessori dimos cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. A continuación ensinounos varias cousas de bebé: roupa, zapatos, un peluche, fotos... Qué ben o pasamos. Parabéns Lucía.

martes, 23 de febrero de 2021

Ilustracións con papel de rascar en 5 anos

Comezamos a traballar o Día da muller traballadora, que se conmemora o 8 marzo.
A proposta deste ano do colexio e crear unha flor onde cada pétalo esté adicado a unha muller que destacase en diferentes ámbitos laborais.
En 5 anos decidimos traballar sobre Anna Llenas, unha grande ilustradora actual, que resulta que aínda que non era coñecida polo alumnado, si que coñecían o seu traballo porque é a autora de moitas das ilustracións dos nosos contos favoritos. 
✔️ Topito Terremoto. 
✔️ Vacío. 
✔️ Te quiero casi siempre. 
✔️ O monstruo e cores.

Así que decidimos converternos en ilustradores por un día, e recrear os personaxes do seus contos.

Empregamos para elo un papel de rascar, que é moi parecido a técnica do Esgrafiado, que xa empregaramos en 3 e 4 anos. Pero este papel e moito máis limpo.
Tivo tanto éxito que por petición popular levaron as súas casas un anaquiño de papel para continuar facendo as súas creacións. 

Primeiro practicamos nos nosos encerados porque neste tipo de papel non se pode borrar. 

E finalmente fixemos a nosa ilustración nestes papeis máxicos, onde despois de rascar, aparecen os debuxos con cores moi vivas. 


A verdade é que descubrimos que na aula temos grandes ilustradores!!



Arroz de Cores. 4 anos

Esta semana continuamos traballando co sensorial. Primeiro tocamos o arroz, despois lle añadimos unha probeta de auga e finalmente, engadimos colorante alimentario da cor que escollimos previamente. Mesturamos todo de forma homoxénea cun palito depresor e deixamos secar. Unha vez seco, empregaremos o arroz de distintas cores para unha nova bandexa sensorial.

Día de Rosalía de Castro. Infantil

Decoramos o rostro de Rosalía de Castro con mascarilla. Aquí tedes o vídeo de tódalas elaboracións do colexio e o ben que quedaron. Feliz día de Rosalía: unha gran muller.

lunes, 22 de febrero de 2021

Sudoku en 5 anos

Hoxe iniciámonos nun novo xogo matemático: o sudoku. 


O obxectivo desde xogo e exercitar o noso cerebro, favorecer o inxenio e a búsqueda de estratexias para conseguir facer un rompecabezas lóxico, colocando os diversos elementos sen repetir ningún elemento dentro dunha mesma fila ou columna. 



Collage con Goma Eva. 4 anos

Vimos un conto da nosa mascota na pantalla "Bechamel". Despois con Goma Eva debíamos facer a nosa mascota e escribir o seu nome enriba. Quedounos moi ben.

Debullamos maíz. 4 anos

Fixemos unha actividade sensorial. Primeiro cos ollos tapados tocamos o millo, despois cada un coa súa mazorca debullamos o millo nun prato. Finalmemte vacíamolo todo na bandexa sensorial que vai quedar para actividades da aula.

viernes, 19 de febrero de 2021

Pintamos con pompóns e facemos botes de calma e amor en 5 anos

Comezamos a xornada vendo o calendario na asamblea. Como hoxe era venres aproveitamos para ver as grafías minúsculas do venres. 


Ademáis hoxe rematamos de traballar o "Día do amor e da amizade" con dúas propostas novas:

☑️ Facemos un bote de calma e amor. Os botes de calma son unha ferramenta que sirve aos cativos/as para relaxarse e manexar as emocións. 
Cada grupo creou o seu propio bote de calma, elixindo os cores que querían e os elementos que lle ían botar: purpurina, pompóns e estrelas de diversos cores. 
Hoxe non tivemos moito tempo de xogar con eles, pero a partires de agora, poderán empregalos sempre que o desexen. 


☑️ Facemos grafismo creativo dun corazón.
Nesta actividade a novidade foi introducir grafismos máis complicados e pintar o fondo do corazón cunha técnica nova: estampación con pompóns. 
Empregamos para elo unha pinza da roupa, un pompón e dúas cores. Pero sobre todo empregamos a diversión e a destreza motriz. 

Queredes velo todo con máis detalle? 
Pícade no seguinte vídeo. 

Cumpreanos Enzo e Teo

Enzo e Teo cumpriron 5 anos estaban moi emocionados. Celebrámolo seguindo o método Montessori e despois vimos un libriño moi bonito que trouxeron das súas vidas. Parabens Enzo e Teo.

jueves, 18 de febrero de 2021

Día da amizade e do amor en 5 anos

A semana pasada con toda a festa do Entroido e as Ordes do Meco, non tivemos tempo para conmemorar o 14 de febreiro: O día da amizade e do amor.

Hoxe ao chegar a nosa aula realizamos 2 propostas:

1. Creamos un enorme corazón cos nosos zapatos e corpos.

2. Decoramos as finestras da aula con mensaxes de amor aos nosos amig@s, familiares e mascotas... E tamén eu recibín algun que outro mensaxe.

No seguinte vídeo podedes velo todo!! 💕

Inventos con Rodas. 4 anos

Na Asamblea estivemos vendo un dos mellores inventos: a roda e vimos varios obxetos con rodas dende a antigúedade ata agora. A continuación debíamos pintar con pincel un dos inventos con rodas que máis nos gustaran.

viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido e traballo por equipos en 5 anos

Hoxe rematamos a semana do Entroido... E fixémolo con disfraces moi, pero que moi orixinais!!!


Ademáis fixemos equipos de traballo, organizando a nosa aula nos tres equipos colaborativos que temos: osos, raposos e curuxas. 
A encargada desta semana (Julia) asignoulle a cada equipo unha tarefa diferente. 

Os raposos fixeron as letras para o mural de Rosalía de Castro: "Achegándonos a Rosalía de Castro: unha Gran muller". 

Os osos remataron de escribir as receitas da semana da froita, coas que faremos un recetario coa nosa receita e as das demais aulas de infantil. 

E as curuxas fixeron  a portada do noso recetario saudable, empregando diferentes materiais para elo. 

É agora toca descansar durante 5 días... Vémonos pronto!! 

Entroido. 4 anos.

Desfrutamos moito o día de Entroido sacamos fotos, xogamos e bailamos.

jueves, 11 de febrero de 2021

Grafismo creativo Entroido e baile Entroido en 5 anos

Hoxe seguimos a penúltima orde do Meco e vimos todos vestidos con mensaxes de amor.

Ademais durante estes días estivemos grabando un baile de Entroido entre todos os cursos do centro. Queredes velo?


Tamén fixemos un grafismo creativo dunha máscara de Entroido e, para decorarlo, empregamos confetti e serpentinas, que previamente nos tiramos.

Podedes velo todo no seguinte vídeo.

Manualidade de Entroido. 4 anos

Fixemos outra manualidade de Entroido. Pegamos confeti nunha cartolina verde despois pegamos a nosa foto. Ó día seguinte fixemos as pegadas das nosas mans e despois de secar pegámolas enriba das nosas fotos. Qué guapos quedamos!

Orde do Meco do Venres. 4 anos

Trouxemos un montón de mensaxes de amor e fixemos un desfile explicando o noso disfrace. E despois fumos ver a nova Orde do Meco do Venres: "O Venres ao cole podes vir co disfraz que queiras ti"

miércoles, 10 de febrero de 2021

Cumple Lara, ordes Meco e máscara Entroido en 5 anos

Como todo os días desta semana vemos os nosos disfraces na aula e fixémonos fotos, buscando plasmar nelas unha escena que represente o noso disfraz. Así dixemos: NON o Covid ou loitamos contra o coronavirus coa vacina. 

 
E por suposto, non nos esquecimos de ir visitar ao Meco para coñecer a orde de mañá xoves. 

Tamén celebramos o aniversario de Lara, seguindo o método Montessori. Trouxo unha chea de fotos de cando era pequena e explicounos todas con moito detalle. 

Finalmente fixemos una máscara de Entroido coa técnica do puntillismo, que xa emplegaramos nalgunha outra ocasión, e decorámola con plumas. 

Simetrías de Entroido. 4 anos

Xogamos ao xogo das Simetrías cos disfraces de Entroido: debíamos buscar a metade do corpo simétrica do disfra que correspondía: mago, vaquero.. Primeiro fixemos o xogo xogando coas cartas por equipos e despois debíamos pegar dúas ou tres parellas nun folio. Foi moi divertido e é un xogo que axuda moito a mellorar a atención e memoria.