PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 19 de junio de 2020

Despedida curso 4 anos. Aula Mónica

Remata este curso escolar, no que traballamos moitísimo, tanto na aula como dende as vosas casas. Pero obre todo, pasámolo moi ben!!
Aquí vos deixo un pequeno resumo de todo!!!
Agora toca disfrutar das vacacións e vémonos no vindeiro curso. Unha grande aperta a tod@s!!!



jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA DO CURSO. 5 ANOS

Neste vídeo de despedida veredes unha selección dos momentos que pasamos xuntos este curso.
Péchase unha etapa na que aprendestes: números, letras, a debuxar, a investigar, a compartir...
Chegastes ata o final polo voso esforzo e traballo. Xa sodes maiores e agora pasades a primaria.
Foi un pracer para min compartir este curso convosco e deséxovos o mellor nesta nova etapa.
Moitos bicos!






Despedida do curso . 3 anos.


Bos días deíxovos un resumo do curso 2019/2020 de 3 anos foi un ano xenial pese as circunstancias do Covid 19. Agardo que sigamos tendo estos momentos e mellores no curso próximo. Feliz verán .


martes, 16 de junio de 2020

domingo, 14 de junio de 2020

Mindfulness na casa XI

   Ola, familias.

   Hoxe poñemos punto e final a estes obradoiros de mindfulness. Foi unha andaina chea de descubrimentos, novas aprendizaxes  e emocións. Quero darvos as grazas por todos estes momentos especiais compartidos, por todo o traballo que realizastes para acadar esa atención plena.

   Para despedirme quero compartir con vós unha viaxe moi especial. Imos realizar unha meditación que nos levará ao mar. Espero que vos guste.




Felices vacacións !!!

ACTIVIDADES DO 15 AO 19 DE XUÑO. 5 ANOS

O venres remata o curso escolar. As propostas para esta última semana de curso son:

1. Formar o teu nome, o dalgún compañeiro, o de papá ou mamá empregando pinzas, tapas de botellas... nas que podes escribir as letras con rotulador permanente. Se tes algún xogo de letras na casa tamén as podes empregar.





 2. Traballamos a psicomotricidade fina facendo collares ou pulseiras con macarróns e la. Pinta os macarróns de cores deixaos secar e xa podes facer collares.


3. Agora imos escribir os números. Mira o vídeo primeiro.


Escribe os números nun folio e logo podes repasalos con rotulador. A continuación, coloca enriba ponpóns, plastilina, lentellas... Non hai que pegalos.



Agora sinala o número correcto. Non tedes que imprimir.


A continuación, propóñovos un xogo matemático para traballar o conteo. Precisades un dado, botóns ou outro obxecto similar e facer un debuxo. Tira o dado e coloca esa cantidade de pezas nos círculos. Para complicalo máis podes tirar 2 dados e sumar as cantidades.




4. Puntillismo. Esta técnica artística consiste en facer unha obra  mediante o uso de puntos. Para facer os puntos podemos empregar bastoncillos de algodón con pintutra de cores, rotuladores...
Podes facer un debuxo a lapis e logo darlle cor con esta técnica.








5. Conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".


Facemos preguntas para analizar a comprensión do conto: que lle pasou á toupiña,  conseguiu descubrir quen lle fixo aquilo na cabeza...

Sinalar que animais da imaxe aparecen no conto. Copiar nun folio os nomes e debuxalos.

                                                  CABRA- CABALO-PORCO-VACA.

Investigar sobre a toupiña ou outro animal do conto: características, onde vive, de que se alimenta...

Por último movemos un pouco o corpo con estes exercicios psicomotrices:




Para rematar, quero felicitar a tod@s @s que cumplides 6 anos nas vacacións de verán:
Julia, David, Daniela, Lía e Silvia. Parabéns!


Que pasedes unhas felices vacacións. Bicos!

Actividades do 15 ao 19 de xuño

A primeira proposta é ver o conto do Pez Arco Iris e reflexionar sobre os seus valores: é importante compartir, tratar ben os amigos...


A segunda proposta é facer o noso propio Pez Arco Iris brillante cun Cd vello que teñamos pola casa podemos debuxarlle as escamas con rotulador e añadirlle as aletas e cabeza cun trozo de cartolina ou folio pintado  e podemos pegarlle un ollo tamén. 


A terceira proposta é facer un xogo de motricidade fina coa auga. Consiste en encher unha tina ou caldeiro con tapóns das botellas que teñamos por casa e despois temos que intentar atrapalos con dous paus ou palliñas. A ver cántos pescades.


A cuarta proposta é facer un cofre do tesouro. Precisamos unha oveira pequena que podemos pintar con témperas de cor azul ou senón temos rotuladores. Despois como xa fai bo tempo podemos ir a pasear pola praia e coller cunchas, algunha pedra... todos esos tesouros que atopemos podemos gardalos no noso cofre. E despois podemos contar cántos obxetos atopamos. Cantos ocos nos faltan por gardar algún tesouro.


A quinta proposta é mesturar bastante auga cunha pouca de témpera e xabón de lavar os pratos. Mesturamos ben todo e cun pau dun pompeiro sopramos ben forte así pintamos coas pompas de xabón de cores xa veredes qué bonito cadro nos queda. Tamén o podemos facer con outra técnica se temos pistolas de auga encher a pistola coa auga e témpera e disparar sobre o papel. 



Finalmente felicitar aos nenos que cumpren anos en verán que esta última semana de clase sería cando o celebráramos todos xuntos. Parabens Xián e Martina.








Actividades 15 ao 19 de xuño. Aula 4 anos. Mestra Mónica

Esta semana rematamos un curso escolar un tanto atípico, no que traballamos moitísimas cousas: os números, as grafías, a correspondencia número e cantidade, a correspondencia son e grafía, os meses do ano, a estimulación sensorial, os agrupamentos, as formas xeométricas, os xogos de lóxica, a concienciación e coidado ambiental, o sentido de pertenza a un grupo, a motricidade fina, a conciencia fonóloxica, a competencia dixital...
Pero ademais, grazas ao voso traballo poidemos seguir afianzando algúns destes aspectos, debido a vosa gran dedicación e colaboración conmigo. Por todo elo, quero darvos as Grazas,por todo o apoio recibido.

Como cada ano, na última semana do curso festexamos os aniversarios dos alumnos/as que cumpren anos en verán. Así que non podemos rematar o curso sen felicitar a Hugo, que cumplirá anos o 7 de xullo, e Sara, que estará de aniversario o  23 de agosto. 

🎂Felicitación Hugo



🎂 Felicitación Sara 



Comezamos as propostas desta semana!!!

1. A primeria  proposta céntrase en traballar os números: Con estas actividades queremos traballar o trazo dos números, a asociación dun número coa cantidade. Aquí vos  propoño 2 variantes. Podedes facelas todas ou só algunha.
  • Construíndo números con la. Esta é unha actividade que require unha gran destreza. Podemos comezar escribindo os números nun folio e despois cortar un trozo bastante lungo de la para imitar a súa grafía. Tamén podemos empregar limpiapipas. O obxextivo é mellor a grafía e direccionalidade dos trazos.



  • Despois podemor asociar numero con cantidade. Ensartando abaloiros ou pasta tipo macarróns nun trozo de la ou limpiapipas.


2. Na segunda proposta tamén traballaremos os números pero, nesta ocasión, na secuenciación dos números e a recta numérica: Cun corcho, números de goma eva  ou cartolina pegados e unhas cinchetas, xa temos listo o noso taboleiro. Os nenos/as deberán conectar os números en orde, usando gomas elásticas.




3. A seguinte proposta é Debuxar con la de cores: Aquí traballaremos a creatividade e a motriciade fina (pinza e precisión). Para esta manualidade só necesitamos:

- Las de cores
- Cola branca
- Folio sobre o que debuxar
- Un lapis
- Tesoiras

Como crear o teu debuxo con la de cores:

1. Primeiro debes ter claro qué debuxar. Se queres facer un debuxo abstracto podes empezar directamente coa la pero se te interesa facer un debuxo máis figurativo te recomendamos que o debuxes primeiro sobre o papel.
2. Agora elixe os cores da la que vas a usar para cada parte e empeza a enchelas coa la. Para elo, aplicaremos unha base de cola branca sobre a superficie que queiramos encher e irémolo cubrindo coa la de forma ordenada.

Para os debuxos abstractos podes untar unha capa de pegamento sobre todo o lenzo e ir traballando enriba directamente, creando o teu debuxo ao momento.









4. a seguinte propsta é Pintar con xeo: A preparación é moi sinxela. O único que temos que facer é engadir colorante alimentario ou témpera á auga. Aconséllovos engadir bastante colorante para que o trazo ao pintar sexa forte.
Podemos facer tantas cores como queiramos pero con ter os 3 primarios (azul, vermello, amarelo) é suficiente, xa que a partires de aí os peques poderán experimentar co cor e crear outros novos.



INGREDIENTES E MATERIAIS

- Auga
- Colorante alimentarioou témpera
- Vasos (tantos vasos como cores distintos queiramos facer)
- Cubiteira
- Papel
- Palillos de xeados ou de médico ou sacamondas (palillos).

 

Unha maneira moi divertida é empregar esta técnica para facer a nosa melena nun autoretrato. 


5. Por último, faremos o xogo O número segredo: Para facer esta actividade fai falla un recipiente transparente,  debaixo do cal imos colocar un folio con números escritos (podemos empregar a lámina que xa fixeramos fai unhas semanas para traballar unha actividade moi similar: o vaso máxico). Logo enchemos o fondo do recipiente con sal, fariña, azucre, arroz, pasta, legumes... 
O obxectivo e ir movendo a fariña cun pincel, culler, espatula... para atopar os números escondidos. Tamén podemos facer a actividade con letras, debuxos ou os nomes dos compañeiros/as.



A miña demostración do xogo:



Disfrutade do verán e vémonos pronto!!!
Unha aperta e un biqiño para tod@s!! :-)



viernes, 12 de junio de 2020

miércoles, 10 de junio de 2020

ASÍ TRABALLAMOS. 5ANOS

Neste vídeo veredes algunhas das tarefas que fixestes na semana do medio ambiente. Grazas a tod@s!








domingo, 7 de junio de 2020

Mindfulness na casa X

Ola
O pasado venres 5 festexamos o día do medio ambiente e xa puiden ver unha chea de traballos realizados para conmemoralo. Para finalizar esta celebración quería compartir con todos vós uns vídeos de Bamboo kids.
No primeiro atopamos unha canción de agradecemento. É moi importante que sexamos conscientes de todo o que temos. As nosas crianzas aprenderán a valorar as pequenas cousas  que son o camiño cara a verdadeira felicidade.


Imos continuar con dous vídeos que nos permitirán iniciarnos na práctica do ioga, unha disciplina na que a concentración, o control corporal e a respiración teñen gran relevancia.





Feliz semana a tod@s

ACTIVIDADES DO 8 AO 12 DE XUÑO. 5 ANOS

Para esta semana propóñovos estas actividades:

1. Escoitar e cantar a canción de "Cocorico"


Poesía: Pídelle a papá, mamá, irmán maior...que che recite esta poesía.

Razonamento lóxico: Traballamos as secuencias temporais con imaxes. Non hai que imprimir, podes debuxar nun folio as imaxes ordenadas e numeradas do 1 ao 4.



Asociación número-cantidade: conta os pitiños e sinala o número correspondente.




2. Caixa dos sons. Buscar pola casa obxectos que teñan os sons/letras do abecedario logo podes agrupalos ou metelos nunha caixa e escribir a letra inicial (maiúscula). Tamén poden escribir nun folio ou pizarra unha lista co nome dos obxectos que comezan por esa letra. Non é preciso facelo con todas as letras do abecedario. O adulto pode escribir a palabra para que o nen@ a copie.




Agora intenta atopar a letra perdida. O adulto pode axudar dicindo o nome do obxecto e que o nen@ diga o son inicial da palabra e logo pode sinalar a letra correspondente. As seguintes actividades non as tedes que imprimir.

  Sopa de letras. Busca algunha letra do nome destes animais. Tamén podes buscar a palabra completa.




3. Experimento: Agora imos facer maxia!
Precisades papel de cociña dobrado pola metade, rotuladores de cores, auga e un recipiente de plástico ou cristal. Neste vídeo podedes ver como facelo.




4. Escoitar a canción "Soy así" de cantajuegos.




A continuación facer un autoretrato empregando la, botóns...


Tamén poden facer a figura humana coa técnica do collage empregando algúns recortes de revista...



5. Conto: Te quiero (casi siempre). Debuxa o que máis che gustou do conto.




Que pasedes boa semana!

Actividades do 8 ao 12 de xuño. 3 anos




A primeira proposta é visionar o conto de Pájaro Amarillo e os seus inventos. Despois falamos sobre o conto cál foi o invento de páxaro amarillo, axudoulle os demais o seu invento?.

A segunda proposta é facer algún invento co material que teñades na casa . Por exemplo podemos facer unha carapulta con lapis, unha caixa de zapatos e unha goma. Ou unha catapulta con paus de xeado, un tapón e pompóns. A ver que inventos máis chulos facedes.



A terceira proposta é un novo experimento con auga facer plastilina caseira é moi sinxelo vos deixo un vídeo para ver os pasos precisamos fariña, aceite, sal, auga e colorante. 



   

A cuarta proposta é facer unha obra de construcción coa plastilina que elaboramos e palillos podemos facer formas xeométricas para repasalas: triángulo, cadrado... e tamén podemos facer construccións unha casa, un coche... unindo os extremos das construccións con plastilina caseira. 


A quinta proposta é seguir xogando o xogo dos compañeiros da clase debemos buscar a cada un a súa parella e desta vez temos que tentar escribir tamén alomenos tres nomes de tres compañeiros que non sexan o noso con letras maiúsculas. 





Actividades 8 ao 12 de xuño. 4 anos. Mestra Mónica

Boa semana a tod@s!!!  

Esta semana queremos potenciar, sobre todo, a creatividade e a experimentación no noso alumnado. Tan importantes para o desenvolvemento persoal dos máis cativos/as. Tamén imos mover un pouco o corpo e mellorar as nosas competencias dixitais, traballando as letras dos nomes dos nen@s da aula.

Arrancamos cun pouco de movemento!!

1.  Xogo o
 ring. Este xogo xa o fixemos na aula de psicomotricidade e encantoulles. Ás veces, incluso, xogaban a el no patio durante o tempo de lecer.

Creamos un rectángulo ou cadrado a modo de ring de boxeo. Trátase dun xogo en parellas onde os nenos ou un neno e un adulto apoiado nos seus xeonllos deben colocarse de espaldas e agarrarse entrelazando os seus  brazos e intentar expulsar aos contrincantes do ring con culetazos. Este xogo fixemolo en psicomotricidade durante curso e gustoulles moito aos alumnos/as.  


2. Seguimos traballando o nome dos compañeir@s. Nos seguintes enlaces están todos os xogos cos nomes de todos os compañeiros/as da aula, pero non tedes que facelos todos. Podedes  facer o do voso nome ou os dalgúns compañeiros/as.

➡️ Nesta ocasión tedes que arrastrar as letras para formar os nomes dos nen@s da aula.















🔻https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5562076-como_se_llama.html


➡️ Sopa letras cos nomes dos nenos/as da clase. As palabras poden estar en vertical, horizontal ou diagonal. Tedes que tocar a primeira letra do nome e arrastrar o dedo ata o final do nome. Estade moi atentos para intentar localizalas todas!! 

▪️ https://m.buscapalabras.com.ar/sopa-de-letras-de-mi-clase_18.html

▪️ https://m.buscapalabras.com.ar/sopa-de-letras-de-mi-clase-2.html



3. Pintar con escuma: Aos nenos/as encántalles pintar, nesta ocasión imos crear unha técnica nova e moi divertida para producir pintura en releve. 



Materiais:

   Escuma de afeitar
   Colorante alimenticio ou témperas
   Papel
   Pinceis ou manga pasteleira
   Cuncas para mesturar a escuma e os colores

Pasos para facer pintura con escuma de afeitar:
  • O primeiro que temos que facer para conseguir a nosa pintura é preparar varias cuncas ou tazóns, uno para cada cor.
  • A continuación,  temos que mesturar unha boa cantidade de escuma con unhas gotas de colorante alimenticio ou témperas.
  • O seguinte paso consistirá en mesturar os dous ingredientes (escuma e pintura) con unha culler ou coas mans (que é máis divertido).
  • Despois tes que coller un pincel, humedecémolo na escuma e pintamos sobre o papel.
  • No caso de querer facer algo máis creativo, coloca unha boa cantidade de escuma de cor nunha manga pasteleira e presiona para que saia.
  • Unha vez termines de pintar coa escuma de afeitar coloreada, tes que deixalo secar durante 24 horas.

No seguinte vídeo podedes ver como facelo!!!



4. Experimemto o  mar nunha botella: Como podemos ver no vídeo, trátase dun experimento moi sinxelo.




Materias:
•   auga
• colorante azul (pode ser tinta, acuarelas líquidas, colorante alimentario)
•   aceite
•   unha botella

Debemos encher aproximadamente a terceira parte da botella con auga, botar unhas pingas de colorante e remover para mesturar. Logo completamos a botella co aceite, poñemos o tapón e iamos movendo a botella para ver o “mar” moverse, facer ondas, burbullas e outros efectos preciosos.

Agora podedes ver: O meu mar nunha botella. 



Por que sucede? O auga e o aceite non se mesturan, porque as moléculas do auga son polares (teñen unha pequena carga positiva nun extremo e outra negativa no outro extremo, polo que se pegan entre elas) e as moléculas del aceite non teñen ningunha carga. Por este motivo as moléculas de auga se atraen entre elas, e as de aceite fan o mesmo. Ademais, o aceite flota na superficie do auga porque ten unha densidade menor.

5. Arco da vella con auga: Aos nenos/as encantaralles ver como aparecen os cores debuxados no papel co único efecto da auga.

Materiais:

   Papel de cociña
   Rotuladores
   Dúas Cuncas con auga

Pasos:

-   Corta unha tira de papel de cocina.
-   Pinta na parte infeerior os cores del arco da vella. Hai que facer unha banda ancha para cada un.

-  Une o papel de cociña dun  recipiente con auga a o outro  e verás como o arco da vella, enche toda a tira de papel.