PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 22 de diciembre de 2020

Visita Reis Magos en 5 anos

Hoxe martes recibimos no noso colexio a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente para que lles poidesemos entregar en persoa as nosas cartas coas nosas peticións. 

Despois, fixemos unha deliciosa chocolatada, grazas ao ANPA do noso colexio. 

No seguinte vídeo podedes ver un resumo do día de hoxe.
 

Dende a nosa aula queremos desexarvos a tod@s unha FELICES FESTAS!!! 

Reis Magos. 4 anos.

Recibimos unha visita moi especial os Reis Magos. Primeiro na clase ensinamos os nosos disfraces e collemos as cartas. Despois fomos recibilos a entrada con moita emoción. A continuación démoslle a carta e sacamos unha foto. Qué día máis máxico.

lunes, 21 de diciembre de 2020

Primeiro Trimestre en 4 anos.

Dende a clase de 4 anos queremos desexarvos Bo Nadal e Próspero Ano Novo con esta postal.
E ademais deixarvos un resumo de todo o que fixemos no Primeiro Trimestre: o proxecto da auga, de exipto, outono, samaín... cántas cousiñas facemos e qué ben o pasamos.

Estampamos con Papel de Burbulla. 4 anos.

Estampamos con papel de Burbulla debíamos mollar o Papel de Burbulla en témpera fluorescente e estampar. Podíamos mesturar as cores. Cómo nos gustou a experiencia.

Postal de Xulia. 4 anos.

Xulia a nosa compañeira do curso pasado enviounos unha postal. Fíxonos moitísima ilusión acordámonos moito dela.Grazas pola postal Xulia, unha aperta de tódolos nenos e nenas da clase e da profe.

viernes, 18 de diciembre de 2020

Clasificamos as emocións en 5 anos

Hoxe venres fixemos unha ficha relacionada coas emocións que estivemos traballando durante estes días.

En primeiro lugar tivemos que recortar as diferentes letras das diversas emocións (esta tarefa comezamos a facela onte e despois eu recortei algunhas máis). Unha vez recortadas, metémolas nunha caixas cheas de neve artificial e os nen@s foron colléndoas coas pinzas ou cos dedos, axudándose os uns aos outros. 

Tamén recortamos as imaxes nas que o alumnado representaba esas emocións e finalmente debiamos clasificalas en emocións negativas e positivas. 

Aquí podedes ver o seguinte vídeo de toda actividade. 

Ensaio do Rap de Nadal. 4 anos

Na clase de música estivemos ensaiando o "Rap de Nadal" debíamos cantar o estribillo que foi inventado polo alumnado de Educación Infantil e bailar unhos pasos sinxelos. O pasamos moi ben estamos desexando ver o resultado.

Cumpreanos Lucía S. 4 anos.

Celebramos o cumpreanos de Lucía seguindo o método Montessori demos catro voltas arredor do sol e sopramos a vela. Despois Lucía ensinounos unhas fotos de cando era bebé e dous peluches. Parabens Lucía.

jueves, 17 de diciembre de 2020

Recollida cartas Papá Noel e adornos Nadal en 5 anos

Hoxe xoves cando chegamos ao colexio vimos que aínda non viñeran recoller as nosas cartas ao buzón de Papá Noel porque a palanca do buzón seguía cara arriba (todos o días miramos para vela) pero para sorpresa nosa, cando saímos ao patio e pasamos diante do buzón, a palanca do buzón estaba baixada. Así que abrimos o buzón moi emocionados para confirmar que estaba baleiro e efectivamente xa non estaban as nosas cartas.
Alguén da aula dixo que mentras estábamos en clase escoitou un ruido, así que deduxemos que pasara un elfo navideño a recollelas, pero ninguén o conseguiu ver.

Además hoxe tamén estivemos decorando os sobres das cartas dos Reis Magos. Dobramos as cartas en dúas partes e libremente o alumnado pegou gómets de estrelas e cinta whasi tapes ao gusto.   

Agora xa temos as cartas preparadas para que o día 22, cando veñan de visita os Reis ao colexio, poder depositalas no seu buzón real.

Finalmente rematamos coas decoracións navideñas, facendo unhas bolas de Nadal, reciclando e aproveitando o cartón dunhas caixas vellas. Nesta ocasión, empregamos a técnica da estampación de figuras e logo con moito coidado, decoramos con brillantes, abalorios, whasi tapes, gómets e debuxando líneas de cores.

Plumas volando. 4 anos.

Traballamos con plumas. Primeiro debíamos tocalas e ver se eran suaves ou ásperas e describilas. A continuación ao ritmo da música debíamos deixar volar as plumas e ver como caían. Logo cada un pegounas onde caeron e adornou a pluma con grafismos con témpera sólida. Cómo disfrutamos con esta actividade.

Xogo de Sombras de Nadal. 4 anos.

Xogamos a un novo xogo, o xogo de sombras. Na mesa de luz aparecían distintas sombras de figuras de Nadal e debíamos adiviñar qué era e cantas eran. Foi moi divertido e traballamos a asociación da cantidade e a discriminación visual.

miércoles, 16 de diciembre de 2020

Mural emoción, sobres de renos e cartas Reis Magos en 5 anos

Hoxe mércores rematamos o mural das emocións que xa comezaramos hai uns cantos días.
Se premedes nas imaxes, podedes velas ampliadas. 

Ademáis fixemos uns sobres de renos para poder levar a casa todas as manualidades navideñas que estivemos facendo durante estes días.

O alumnado tiña que recortar, pegar e montar os diferentes elementos do reno (cornis, Orellas, nariz, ollos e lingua) seguindo un modelo feito por min.

 
Quedaron moi bonitos!!

Finalmente redactamos as cartas para os Reis Magos, que este ano visitarán o noso colexio o día 22 de decembro.

Cartas dos Reis. 4 anos

Onte elaboramos o Sobre da Carta e hoxe fixemos a carta: primeiro recortamos da revista de xoguetes o xoguete que queríamos, despois coloreamos con ceras os Reis Magos e finalmente escribimos as letras de Reis Magos tiñan que copiar as letras e relacionala co seu sonido fonético. Foi unha actividade moi completa.

Cumpreanos de Julia. 4 anos

Hoxe celebramos o cumpreanos de Julia. Celebrámolo seguindo o método Montessoti dando catro voltas arredor do sol. Despois vimos obxetos que trouxo Julia peluches e dúas fotos. Finalmente visionamos un vídeo que fixo a nai de Julia e que lle encantou os compañeiros.



martes, 15 de diciembre de 2020

Traballos rematados en 5 anos

Hoxe ao chegar ao cole atopámonos unha gran sorpresa: o buzón de Papá Noel. 
Se premedes nas diversas fotos podedes velas ampliadas. 


Así que soamente tiñamos que decorar os nosos sobres para poder enviarlle a Papá Noel as nosas peticións. Escribimos no sobre o remitente e o destinatario, decoramos un pouco os sobre (que é o que máis nos gusta no mundo) e fomos meter as cartas no buzón, esperando que veña axiña a recollelas Papá Noel. 




Ademáis hoxe aproveitamos para rematar dous traballos que comezaramos onte: os calcetíns navideños e as portadas. 
Para os calcetíns empregamos purpurina e os troqueladores de neve e da árbore de nadal. 


Para a portada empregamos unha nova técnica plástica: pintura por goteo, que consiste en pintar empregando dous pinceis e ir dándolle toqueciños a un dos pinceis, pouco a pouco, de maneira que surxen pequenas gotas. É unha técnica moi divertida, aínda que se nos pasamos coa forza que empregamos podemos manchar moitas cousas: a cara, a roupa, as cadeiras, as mesas, o chan... E efectivamente, pasámonos un pouco e manchámonos bastante a clase e mesmo as nosas cousas 😅. 
Despois xa nos quedaba pegar o reno a portada e colgarlle uns cascabeis de cores nos cornos ou orellas. 


Sobre da carta. 4 anos.

Elaboramos o Sobre da carta. Falamos das partes da carta: o destinatario e o remitente. Na parte do remitente pegamos a nosa foto de Nadal escribimos o nodo nome e decoramos cun marco de gomets de estrelas.

Buzón de Papá Noel. 4 anos.

Hoxe tivemos unha sorpresa no cole estaba o buzón de Papá Noel no colexio, cun saco e un reno. Fomos velo e sacámonos unha foto qué ilusionados.

lunes, 14 de diciembre de 2020

Portadas traballos 5 anos

Hoxe luns comezamos a crear as portadas para levar os nosos traballos a casa. Aínda están en proceso de creación e rematarémolas nos vindeiros días. 


Comezamos cunha portada, en dous pasos: primeiro decorar uns renos con grafismos creativos en branco e negro. 

Paso dous: pintar as portadas empregando unha nova técnica plástica, que consistía en pintar e estampar co cartón do papel hixiénico, cortado e dobrado cara fóra.

Tamén empezamos a facer o mural do traballo sobre as emocións, que comezaramos hai uns días. Hoxe empezaron María e David, facendo letras con purpurina do título e troquelando as letras das diversa emocións traballadas. 

Finalmente iniciámonos na decoración da nosa aula cuns calcetíns navideños.

Como vedes hoxe foi unha mañá moi artística, na que comezamos moitos proxectos, pero NON rematamos aínda NINGÚN deles. 

viernes, 11 de diciembre de 2020

Cartas a Papá Noel en 5 anos

Hoxe venres escribimos as nosas cartas para Papá Noel porque nuns días recibiremos a súa visita no noso colexio. 

Cada nen@ escribiu o que quería que Papá Noel lle trouxera este Nadal . 

Axudámonos entre todos porque non todo o alumnado se atopa ao mesmo nivel lectoescritor, pero coa axuda dos sons e asociándoos coas iniciais e as letras dos nomes dos nosos compañeir@s fomos capaces de escribir as cartas enteiras. Despois pintamos a carta con lápices de madeira acuarelables, que son máxicos porque ao mesturalos con auga quedan como se pintasemos con acuarelas.



Agora soamente nos queda facer os sobres e decorarlos para poder meter as  nosas cartas neles. Pero hoxe xa non nos deu tempo de máis!!

jueves, 10 de diciembre de 2020

Resolvendo problemas en 5 anos

O xoves rematamos o libro de “A contar", que aínda nos quedara pendiente do curso pasado. 
Hoxe fixemos a nosa última ficha: un problema matemático.

Non seguimos o orde das fichas, vamos facéndoas aleatoriamente para que resulte máis ameno. 
Hoxe tócounos resolver un problema do conto da Leiteira. 
Como sempre resolvemos o problema de maneira manipulativa para que o alumnado chegue a solución coma se fose un xogo.
Nesta ocasión trátase dunha división ou reparto. 
A leiteita gañaba nunha semana 4 moedas, pero cántas semanas tiñan que pasar para poder gañar 12 moedas?
En vez de moedas empregamos policubos (máis motivadores) e os iconos do tempo meteorolóxico para representar as diferentes semanas. Nun primer momento fomos resolvendo esta situación problemática pero despois propúxenlles outras similares, para afianzar o concepto. 
Primeiro en gran grupo e despois individualmente cada un na súa ficha, pero de maneira manipulativa, porque resulta máis visual e fácil de comprender. 

Finalmente plasmamos o resultado na ficha do libro.

Os procesos son moi diversos en función dos esquemas mentais e da madurez de cada alumn@.


Rectángulo. 4 anos

Traballamos a forma xeométrica do rectángulo. Primeiro xogamos na mesa de luz debíamos buscar o rectángulo entre as formas xeométricas e describilo: cor, tamaño, número de lados..
Despois recortamos distintos rectángulos de distintas cores e tamaños e debíamos inventar unha forma con eles fixeron entre outras cousas: casas, torres, tobogáns. Cantas cousas podemos traballar coas formas xeométricas.