PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

sábado, 29 de febrero de 2020

Camiña con nós pola igualdade. 5 anos.

O venres tivemos unha actividade de igualdade do Concello. Elsa contounos o conto "Lola e os xoguetes"  co kamishibai, fixemos un xogo de reparto de xoguetes e cantamos a canción " eu teño un superpoder". Grazas Elsa!


Collage. 5 anos.

Facemos unha composición libre recortando anaquiños de goma eva de cores.


Dominó de animais. 5 anos.

Co xogo de dominó traballamos a lóxica matemática, atención, memoria, vocabulario...


viernes, 28 de febrero de 2020

Maleta Viaxeira Miguel. 3 anos.

Miguel levou a maleta, o conto que máis lle gustou foi Corre Corre Cabaciña e fixo un croquis do conto. Nel a avoa quería comela un lobo, un dinosaurio e un can. 

Experimento facemos neve. 3 anos.

Comezamos cos experimentos da auga hoxe fixemos neve con Bicarbonato de Sodio e Auga.


jueves, 27 de febrero de 2020

Libro Viaxeiro Monstro das Cores Xulia. 3 anos.

Xulia levou o Monstro de cores e pasou o Entroido con el en Ourense que ben o pasaron. 

Cumpreanos Lucía P. 3 anos

Lucía celebrou o seu cumpreanos coa metodoloxía Montessori e ensinounos un montón de fotos de cando era pequena e un moneco tamén. Parabens Lucía.

jueves, 20 de febrero de 2020

Cohete espacial. 5 anos.

Fixemos un cohete con formas xeométricas para decorar a portada do noso proxecto " Os planetas".



O meu disfraz favorito. 5 anos.

Hoxe disfrazámonos co noso disfraz favorito. Que guap@s!


ORDES DO MECO EN 4 ANOS

Durante toda a semana tivemos que seguir as ordes do noso Meco trouleiro, que ademáis veu de visita a nosa aula para comprobar que as seguíamos. Así de guap@s viñemos toda a semana. Qué divertido foi!!!


Despedida do Meco. 3 anos

Démoslle unha aperta de despedida o Meco porque nos viu visitar tódolos días para ver si cumprimos as ordes e collémoslle moito cariño. Grazas Meco.

O teu disfraz favorito. 3 anos.

"O teu disfraz favorito hoxe será o máis bonito" e trouxemos unhos disfraces preciosos e moi simpáticos. 

miércoles, 19 de febrero de 2020

martes, 18 de febrero de 2020

De moitas cores. 5 anos.

O martes o meco mandou vir de moitas cores.


Algo na cabeza. 5 anos.

O luns trouxemos algo na cabeza.


Proxecto planetas. 5 anos.

Gústanos traer  libros da casa con información sobre os planetas e debuxos para compartir cos amig@s.


Maleta viaxeira. 5 anos.

A Sergio gustáronlle todos os contos da maleta viaxeira e fixo un debuxo de cada un.


Asociación número-cantidade. 5 anos.

Traballamos a lóxica matemática asociando o número coa cantidade correspondente.




Gotas de choiva. 3 anos.

Pintamos gotas de choiva con esponxas estampadas en témpera. Gustounos moito pintar com esponxas.

Con moitas cores has de vir. 3 anos

Hoxe trouxemos a orde do Martes "Con moitas cores has de vir se nos queres facer sorrir". E ademais describimos as cores que levábamos na vestimenta.

Libro Viaxeiro Monstro. Lucía S. 3 anos

Lucía levou o montro e compartiu con el moitos momentos: xogaron en casa, foron a Portugal.. que ben o pasaron.

Orden do Meco do mércores

O mércores: "Elegante tes que estar, 
para no cole fardar".

lunes, 17 de febrero de 2020

Visita Meco en 4 anos

Hoxe veu a nosa aula o Meco trouleiro para comprobar que cumpriamos as súas ordes. Estamos desexando que volva visitarnos mañá!!!

Taller pintacaras. 3 anos.

Facemos un taller pintacaras. Cada neno e nena escolleu do que quería pintarse: gatiño, lady bug...

Proxecto da Auga. 3 anos

Vimos na pantalla o conto do Proxecto da  auga e despois coloreamos a máquina da auga.

Tapar a Cabeza. 3 anos.

Trouxemos a primeira orde "A cabeza has de tapar se no cole queres entrar".Estábamos guapísimos.

Orde Meco do martes

O martes "Con moitas cores has de vir, se nos queres facer rir". 

domingo, 16 de febrero de 2020

Mural dos planetas. 5 anos.

 Fixemos un mural dos planetas empregando diversas técnicas plásticas.


Corazóns . 5 anos.

Pintamos uns corazóns  estampado papel burbulla en témpera vermella.  Escribimos a palabra amor e conversamos sobre as persoas que queremos moito para regalarllo.






Meco.5 anos.

O venres fomos visitar o meco que nos irá dando ordes para disfrazarnos ao longo da semana.


sábado, 15 de febrero de 2020

Visitamos o Meco en 4 anos

O xoves fomos coñecer ao Meco trouleiro e teremos que ir visitalo cada día para coñecer as ordes que nos vai dando. 

viernes, 14 de febrero de 2020

Prantando en 4 anos

Os pais e nais do ANPA do noso cole están decorando a zona da horta e do invernadoiro e o alumnado de 4 anos fixo, a súa pequenha colaboración, prantando algúns bulbos.



Cintas de Indios. 3 anos

Facemos unha cinta de indios. Para elo practicamos a motricidade fina pegando os gomets e a pruma. Como disfrutamos no Entroido

Ordes do Meco

Como cada ano veu de visita o noso cole o Meco, que nos dará para cada día da semana unha orde diferente.


O luns: " A cabeza has de tapar,
se no cole queres entrar"

jueves, 13 de febrero de 2020

miércoles, 12 de febrero de 2020

Pintura con pompas de xabón en 4 anos

Hoxe aprendemos unha nova técnica plástica: a pintura con pompas de xabón. 
Con esta actividade non só nos divertimos, senón que estimulamos a linguaxe oral e  a pronunciación, xa que ao soplar o alumnado exercita a musculatura das meixelas e o posicionamiento da lingua.


Pintamos o cartel do Meco. 3 anos.

O Meco vai vir o cole o xoves e preparamos con témpera o seu cartel. Qué ordes nos agardarán?

O número 1. 3 anos.

Traballamos a cantidade e tamén a grafía. Debíamos realizar o trazo do número 1, primeiro con gomets e despois co lapis. 

Xogo do Dado. 3 anos

Seguimos traballando a asociación do número e cantidade. Neste caso debemos tirar o dado e poñer o mesmo número de animais que de puntos