PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 30 de noviembre de 2023

Faraóns e faraonas. 4 anos

Fixemos unha actividade moi completa. Sacamos unhas fotos de perfil e as imprimimos. A continuación, decoramos con témpera sólida os gorros dos faraóns . Despois pegamos o noso rostro. Faltábanos facer o fondo e fixemos o fondo primeiro con grafismo Creativos con plastidecor e despois estampamos as nosas pegadas con témpera. Podedes ver o vídeo pinchando no seguinte enlace Faraóns

miércoles, 29 de noviembre de 2023

Asociación número-cantidade. 4 anos

Fixemos un Xogo para asociar o número coa cantidade que representa. A continuación, repasamos o número 5 e estampamos cinco pegadas para representala.

martes, 28 de noviembre de 2023

Decoramos a pirámide. 4 anos

Pintamos con témpera fluorescente varias figuras exipcias para decorar a nosa pirámide Xigante da aula. Cómo disfrutamos co Proxecto de Exipto.

lunes, 27 de noviembre de 2023

Día Internacional da Non Violencia de Xénero. 4 anos

Decoramos unhas flores con mensaxes de non violencia e despois as fumos a colgar na entrada do Colexio. Qué bonitas nos quedaron.


Cumpreanos de Carla. 4 anos.

Carla cumpriu 4 aniños e o celebramos seguindo o método Montessori demos catro voltas arredor do Sol e cantamos cumpreanos feliz. Parabens Carla!

martes, 21 de noviembre de 2023

lunes, 20 de noviembre de 2023

Proceso de Momificación. 4 anos

Vimos un vídeo de Happy Learning do Proceso de Momificación e falamos sobre el. Despois coloreamos unha ilustración do proceso de momificación. Cánto aprendemos!.

Xogo de Doble. 4 anos

Xogamos o xogo do Doble. Tiñamos que buscar o animal que saía na carta do medio. Foi moi divertido e este xogo contribúe a mellorar a atención e percepción.

viernes, 17 de noviembre de 2023

Libro de Exipto. 4 anos

Temos un novo libro na Aula " El gran libro de Egipto". Aprendemos e investigamos moitas cousas máis.

Pirámides de Guiza de noite. 4 anos.

Continuamos coas pirámides de Guiza hoxe as decoramos de noite pegándolle pegatinas de estrelas. A actividade de poñer pegatinas favorece a motricidade fina. 

jueves, 16 de noviembre de 2023

Pirámides de Guiza. 4 anos

Tiñamos o fondo do deserto feito con acuarelas e hoxe estampamos con esponxa e témpera Negra a sombra das pirámides de Guiza de Exipto. Qué bonitas nos quedaron.


miércoles, 15 de noviembre de 2023

Informática. 4 anos

Comezamos a subir a Informática. Xogamos o xogo do Buho Boo e nos encantou. Temos que seguir practicando o manexo do rato.
 

Luz Ultravioleta. 4 anos.

Traballamos coa Luz Ultravioleta para buscar elementos no museo de Exipto. Qué divertido e qué ben o pasamos traballando coa Luz Ultravioleta. 

martes, 14 de noviembre de 2023

Deserto de Exipto.4 anos

Pintamos con Acuarelas o deserto de Exipto. Facemos o fondo do deserto coa técnica da Acuarela. O vindeiro día continuaremos coas pirámides de Giza. 

lunes, 13 de noviembre de 2023

Minimundo de Exipto. 4 anos

Temos un novo Minimundo con varios elementos de  Exipto. Aprendemos xogando.

Pirámides de Plastilina. 4 anos

Seguimos investigando as Pirámides. O outro día fixemos unha grande de cartón e hoxe construímos unhas de Plastilina. É unha actividade moi completa porque traballamos a simetría debíamos elaborar a outra metade e por outro lado o extender a plastilina traballamos moito a motricidade fina e a forza.

viernes, 10 de noviembre de 2023

Pirámide de Exipto.4 anos

Comezamos a investigar sobre as piramides vimos que miden ata 90 pisos. E comezamos a elaborar unha pirámide para a clase sobre unha base de cartón. Pintámola con rodillos e pinceis. Qué ben o pasamos!.

jueves, 9 de noviembre de 2023

Momias de Exipto.

Continuamos co Proxecto de Exipto. Hoxe vimos un vídeo e falamos do proceso de momificación. A continuación debíamos pegarlle papel a momia dentro da tumba e decorar con pegatinas a baleira. Cánto aprendemos!.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

Magosto. 4 anos

Pasámolo moi ben no Magosto. Comemos castañas asadas e despois xogamos a distintos xogos populares. Qué divertido foi!.

martes, 7 de noviembre de 2023

Cumpreanos de Sabela. 4 anos

Hoxe celebramos o cumpreanos de Sabela cumpriu 4 anos. Celebramos o cumpreanos seguindo o método Montessori e demos catro voltas a redor do Sol. Ademais ensinounos un gorriño de cando era bebé. Parabens Sabela!.

lunes, 6 de noviembre de 2023

Papiro de Exipto. 4 anos

Comezamos o Proxecto de Exipto. Falamos sobre os papiros e a súa composición. Despois debuxados unha mensaxe no noso papiro. Cómo nos gusta Exipto.

Cometas Sensoriais. 4 anos

Estreamos unhas cometas sensoriais Montesori no patio, eran de varias cores e tiñan cascabeis que emitían sons o movelas. Qué ben o pasamos no recreo!.

viernes, 3 de noviembre de 2023

Seriacións coa Pasta de Halloween. 4 anos

Continuamos traballando coa nosa mesa Sensorial, hoxe tiñamos unhas tarxetas para facer seriacións e debíamos colocar os distintos elementos na orde que nos indicaba a tarxeta. Traballamos a seriación, capacidade lóxica-matemática fundamental.

jueves, 2 de noviembre de 2023

Portacastañas. 4 anos

Comezamos a preparar os Portacastañas. Primeiro pintamos o brick de leite con témpera vermella e cola branca. A continuación pintamos con lapis de cores o noso debuxo do cucurucho de castañas para poñer enriba do brick. Qué ben nos van a quedar!.

Cumpreanos de Aicha. 4 anos

Hoxe celebramos o cumpreanos de Aicha. Celebramos os cumpreanos seguindo o método Montessori demos catro voltas ó redor do Sol porque cumpriu catro anos, despois soprou as velas e lle cantamos. Finalmente ensinounos recordos e unhas fotos de cando era pequena. Encantounos todo. Parabens Aicha.